O Taboleiro da Lingua, servíu para resaltar a este persoeiro tan importante para a nosa terra, a quen agasallamos facendo numerosos debuxos dos seus retratos e da súa obra.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desenvolveu, a actividade "Madriñas e Padriños Lectores" na que participou todo o alumnado do colexio, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, coa colaboración do profesorado e, de maneira especial, do Equipo de Biblioteca do centro e dos titores e titoras. O resultado foi fantástico!!
Xa na nosa biblioteca escolar, contamos con libros de Antón Fraguas, como o "Cantigueiro de Cotovade", que estaremos a traballar durante todo o curso.
O patio e os corredores do colexio, convertéronse en lugares axeitados para ler en galego. Velaí o resultado!
A celebración das Letras Galegas, estivo chea de sorpresas e chegou o momento dos premios do "XI Certame de Poesía Couceiro Freijomil", que tanto traballamos nas aulas e que este curso foi adicado ao Proxecto Documental Integrado elixido: BO PROVEITO!
O nivel foi moi alto e o xurado do Equipo de Biblioteca, tivo moi difícil elixir @s gañador@s entre os finalistas seleccionados.
Tamén o traballo dos grupos para rematar o Álbum Bilingüe, organizado polas especialistas de inglés e feito en inglés e galego, tivo a súa recompensa para tódolos niveis de Infantil e Primaria.
Os agasallos que recibiron, compártense entre tod@s na clase, así que foi unha festa para todos e todas as participantes.
Finalmente rematamos bailando a muiñeira, seguindo @s compañeir@s que participaron nun "Mar de Muiñeiras" en Navantia. Quedou xenial!
Vivan as Letras Galegas!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario