6/12/19

O TABOLEIRO DA LINGUA: NOVEMBRO!

Neste mes, os encargados de elaborar o Taboleiro da Lingua, que como xa sabedes ten como tema "Igualdade" foron os alumnos de quinto de primaria. Para elo, tiveron a gran sorte de ter de convidado a Xoán, avó dunha alumna de dito nivel. Xoán foi un gran exemplo de superación e ganas de vivir para os nen@s, e, sobre todo, de ilusión. Aquí vos quedan unhas fotos do seu encontro e o resultado do pequeno traballo feito con eles.
de ilusión. Aquí vos quedan unhas fotos do seu encontro.

David Mouriz visita ao alumnado de 5º e 6º


Tralo traballo realizado polos nenos e nenas de 6 de Primaria para o Taboleiro da Lingua sobre David Mouriz, o pasado 25 de Novembro tivemos a sorte de disfrutar del no colexio. David, xogador profesional do Bidaideak (Bilbao) de baloncesto sobre cadeiras, falou cos nosos nenos e nenos sobre o proceso de recuperación que tivo que levar a cabo, e como, no baloncesto, desfruta sen ningún tipo de limitación. Moitas grazas David pola túa visita!
 
 
             

3/11/19

O TABOLEIRO DA LINGUA: OUTUBRO!

Durante este ano académico no Taboleiro da Lingua, aproveitando o PDI deste curso que ten por tema " A Igualdade", cada nivel de Educación Primaria e Infantil elaborará un pequeno traballo sobre algunha persoa da contorna máis próxima ao centro que, a pesar dalgunha situación desfavorable ao longo da súa vida, seguiu adiante e logrou superala satisfactoriamente. Os traballos faranse en Galego e a asignación por meses será a seguinte:


  • Outubro: 6º Primaria
  • Novembro: 5º Primaria
  • Decembro: 4º Primaria
  • Xaneiro: 3º Primaria
  • Febreiro: 2º Primaria
  • Marzo: 1º Primaria
  • Abril: 6º Infantil
  • Maio: 5º Infantil
  • Xuño:4º Infantil

Así que xa temos o primeiro traballo dos compañeiros e compañeiras de sexto, que nos falan sobre David Mouriz. Quen é? Votade unha ollada!



O SAMAÍN!


O Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto, o herdeiro directo en Galicia destas festividades da cultura atlántica anterior á romanización.Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar ós viandantes.Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acodían de visita durante a noite.
Como festa tradicional galega que é, dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega en conxunto coa Biblioteca, deseñamos unha serie de actividades para o desfrute de tódolos nenos e nenas do colexio:

- A queima dos medos: Nesta actividade cada titoría traballou durante uns días cos distitnos medos que poden experimentar cda grupo de nenos e nenas na súa respectiva idade. Os nenos tiveron que representalos en forma de debuxo ou texto escrito para, posteriormente, facer un rito no que se queimaron os mesmos como acto de representación de superación de ditos medos.










- Lemos ás escuras: Unha actividade na que os nenos pasan un bo rato. Consiste en que, duraante a hora de ler, o día de Samaín, os nenos, nenas e mestres len, na súa respectiva clase, contos de medo con lanternas, creando así un ambiente propio para dita festividade!









- Decoramos o colexio con cabazas! Tódolos anos, o día antes de Samaín, os nenos e nenas que o desexen poden levar ao colexio cabazas decoradas ao seu gusto para crear así un ambiente de medo, recordando así as orrixes desta festividade celta. Esperamos que vos gusten!









15/10/19

LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS!




O Equipo de Dinamización da Lingua Galega desenvolve un ano máis a actividade "Lemos aos máis pequenos", na que os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria se achegan a ler contos en Galego a Educación Infantil e aos primeros cursos de Educación Primaria.
Este ano esta actividade terá lugar os martes, pola contra que o pasado que tiña lugar os venres.
O principal obxetivo desta actividade é favorecer a relación no noso colexio do alumnado máis maior co recén chegado ao centro, promovendo o uso do Galego no comezo da súa escolarización ó mesmo tempo que melloran a súa lectura comprensiva dun bo libro escrito en Galego.









24/9/19

OS ALMANAQUES DE PETO XA ESTÁN NA BIBLIOTECA!

O CURSO PASADO, O PDI DO COLEXIO TIÑA POR TÍTULO BO PROVEITO, CENTRÁNDOSE PRINCIPALMENTE EN QUE OS NENOS E NENAS APRENDERAN A LEVAR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE. POR ISO, CADA MES, UN CURSO DISTINTO DESEÑABA UN PRATO SAUDABLE ACHEGANDO ASÍ TAMÉN A SÚA RECEITA E EXPOÑÍASE NO TABOLEIRO DA LINGUA PARA GOZO DE TODO O CENTRO.

 UNHA DAS ACTIVIDADES ESTRELA IMPULSADA POLO EDLG FOI A EDICIÓN DOS ALMANAQUES DE PETO. ESTA ACTIVIDADE CONSISTÍA NO DESEÑO DUN ALMANAQUE DE PETO DO 2019 PARA REPARTIR A TODO O ALUMNADO, PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE DO COLEXIO. PARA A SÚA EDICIÓN, CADA ALUMNO E ALUMNA FIXO UN DEBUXO RELATIVO A ESTA TEMÁTICA EN MEDIO FOLIO, UTILIZANDO SEMPRE A NOSA LINGUA EN TODO O ESCRITO. COMPRE DESTACAR QUE A ACTIVIDADE REALIZOUSE NO COLEXIO PARA GARANTIR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ASÍ COMO A IGUALDADE DE XÉNERO, BUSCANDO UN NÚMERO EQUITATIVO DE NENOS E NENAS.

 O RESULTADO PODÉDELO APRECIAR NUNHA RECOMPILACIÓN DE TÓDOLOS ALMANAQUES DE PETO, QUE FOI DEPOSITADA NA BIBLIOTECA PARA O GOZO DE TODOS NÓS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!




22/9/19

DENDE O COMEZO Á ACTUALIDADE: A REVISTA ABRENTE

COMO BEN É SABIDO, DENDE 1982 O COUCEIRO FREIJOMIL PUBLICA UNHA REVISTA TÓDOLOS ANOS, A REVISTA ABRENTE, NA QUE COLABORAN TODOS OS ALUMNOS DO CENTRO. DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DO COLEXIO, RECOMPILAMOS TODOS OS EXEMPLARES DENDE O COMEZO ATA A ACTUALIDADE PARA O DISFRUTE DOS NENOS E NENAS, ASÍ COMO MESTRES E MESTRAS QUE DESEXEN LEER PUBLICACIÓNS DOUTROS ANOS. ESTA RECOMPILACIÓN SERÁ DEPOSITADA NA BIBLIOTECA, PARA FACILITAR POIS O DESFRUTE DE TODOS NÓS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

22/6/19

REVISTA DIXITAL ABRENTE EDLG Nº 39 2019

Rematamos o mes de xuño coa edición de Abrente nº39 do EDLG, na súa versión dixital, cun contido extenso. 
 "Almanaques de Peto" e as "Letras Galegas", son algúns dos grandes temas que tratamos neste número da revista que presenta un novo formato, destacando o traballo do alumnado e profesorado ao longo de todo o curso escolar 2018-2019. 
Abrente convírtese así nun lugar común de todas e todos, poñendo foco aos nenos e nenas de todos os niveis de infantil e primaria, para que teñan o seu espazo e brillen por igual, como é no caso do PDI sobre a Alimentación Saudable:"Bo Proveito!"  e en “Eu son Rosalía” que celebramos o "Día de Rosalía", onde a participación masiva de todo o colexio, profesorado e persoal non docente, é un modelo de integración do gran equipo que conforma o noso centro escolar.
 Proxectos innovadores como LÓVA , "O sistema Solar" e "Illa Fantasía", aparecen como parte deste novo número.
"Lemos aos máis pequenos e pequenas", "Madriñas e Padriños lectores", "Día da Paz", "Día da Poesía e do Teatro", o "Certame anual de Poesía Couceiro Freijomil", que este ano cumpre a súa XI edición, e o "Álbum Bilingüe" , axudan a favorecer que a nosa lingua se incorpore á vida cotiá do alumnado.
Finalmente comentar que Abrente forma parte do gran proxecto do EDLG O GALEGO NAS NOSAS MANS, no que participan, directa ou indirectamente, os 350 alumnos e alumnas  o profesorado, persoal non docente, familias e público en xeral, buscando como finalidade básica, conquistar unha “real” e “efectiva” competencia lingüística no idioma galego no noso centro.
O GALEGO NAS NOSAS MANS pretende ser un proxecto transformador que traslade o noso labor de dinamización dun xeito transversal, animando a todos e todas a levar a cabo os seus proxectos e actividades en galego. Tamén aspira a ser un proxecto inclusivo cunha clara aposta pola igualdade paritaria en tódalas actividades, fortalecendo a representación equivalente de nenos e nenas.

Preme na revista e amplia as páxinas na esquina superior dereita, para ver o seu contido. Tamén podes descargala ou imprimila.

 

EXPOSICIÓN FIN DE CURSO DO PROXECTO 2018-2019:" BO PROVEITO!"

Este curso o Proxecto Documental Integrado (PDI) do noso colexio, denominouse: Bo Proveito! e estivo vinculado á alimentación saudable.
Nestes vídeos e fotos facemos un resumo das diferentes actividades que abordamos,
Na exposición do proxecto colaboramos profesorado e alumnado e o resultado podedes valoralo vós.
Parabéns a todos e todas!!







3/6/19

"LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS E PEQUENAS" GRAZAS A TODOS E A TODAS


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca, desenvolveu durante este curso a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con novos  alumnos  e alumnas de 5º e 6º de primaria, que se achegaron a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
O noso obxectivo é favorecer unha relación entre @s máis nov@s e @s maiores do noso colexio, que aportan a súa experiencia na lectura comprensiva e as súas vivencias e goce cun bo libro escrito en galego.
Coma en anteriores anos, os nenos e nenas colaboradoras, levaron un medallón co lema O GALEGO NAS NOSAS MANS, que tanta forza da a este proxecto, a prol da nosa lingua.

O GALEGO NAS NOSAS MANS
Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!!  O galego está nas vosas mans!!!