29/11/17

ALMANAQUES DE PETO 2018

Como parte dos obxectivos marcados polo EDLG para este ano, estableceuse facer uns almanaques de peto do 2018, coa novidade de que nesta convocatoria participou todo o alumnado do colexio que, de maneira voluntaria, quixo facer o seu aporte. 
O tema estivo vinculado ao PDI  deste curso:”O Mar”, elixíndose finalmente un traballo por cada nivel.
A calidade das obras e a expresividade das imaxes e dos textos, foi de gran altura, o que fixo moi difícil o traballo do equipo que seleccionou aos que representarán ao colexio . Polo tanto, parabéns a todos e todas as participantes e pronto poderemos ver as vosas obras expostas pola entrada da biblioteca, para que poidamos gozalas cada día.
Traballos seleccionados:













25/11/17

25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero, son un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo, coa particularidade, de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.
O corredor do noso colexio contou cos traballos dos alumnos e alumnas de 5º e 6º que denunciaron a violencia de xénero. Tamén fixemos no patio, unha representación do Yin e o Yang todos os alumnos e alumnas participantes, levando un brazalete que conmemoraba a data do 25 de novembro Esta actividade está integrada no proxecto ILLA FANTASÍA que levan a cabo 1º,2º,3º, e 4º de primaria. Parabéns !!!











                           

                            

8/11/17

O MAGOSTO 2017



https://gl.wikipedia.org/wiki/Magosto
                                                                   (Preme a imaxe)

O vindeiro venres día 10, celebraremos no noso cole a festa do MAGOSTO, así que ao longo desta semana faremos os nosos cestiños onde gardar as castañas asadas para poder compartilas con tod@s @s compañeir@s. Será un bo momento para lembrar tantos refráns tradicionais como temos na nosa terra:
  • As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
  • Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
  • Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
  • Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
  • Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
  • Polo san Martiño, castañas e viño.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
  • Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Desde o Paleolítico aproveitouse e alimentámonos de castañas e landras. 
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos. As castañas asadas, ou a fariña das castañas secas ou "pilongas", servían para alimentarse durante todo o ano.
No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, e estableceuse a competencia coas castañas que perderon, pouco a pouco, protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacada a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".

O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción de castañas cada ano. 

Souto
Souto (Preme a imaxe)

                               https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1413546354/contido/XOGOSMAGOSTO-WEB/index.html

                                                          Xogos do Magosto (Preme a imaxe)

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1399630575/contido/magosto.html
O Magosto LIM (Preme a imaxe)