Co fin de que cada titoría do centro teña a man un breve resumo que achegue a alumnado e a profesorado as tradicións que conmemoramos ao longo do curso: samaín, magosto, peón, nadal, entroido, Rosalía, maios e letras galegas, elaborouse un dossier que contén cada unha delas e facilita a súa consulta e exposición na aula.
25/5/24
19/5/24
CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS: LUISA VILLALTA.
O nome da homenaxeada este ano foi un enigma ata que todo o alumnado, coas súas pescudas, conseguíu rematar a xincana preparada para a ocasión. Cada aula recibíu unha invitación que nos daba as instruccións para pasar por diversas estacións nas que o alumnado ía aprendendo aspectos da vida e obra de Luisa Villalta. Gozaron moito e, como non, aprenderon moitísimo desta escritora galega.
Igualmente, nas aulas, o profesorado motivou a nenos e nenas para que pensasen na sua palabra favorita na nosa lingua. Deste xeito poidemos encher o mural preparado para a ocasión que colocamos no corredor principal.
Aquí vos deixamos unha mostra gráfica desta semana das nosas letras.
4/5/24
SERESÍN SERESÁN...
Como cada ano ao comezar o mes das flores retomamos a tradición eumesa de confeccionar O MAIO. Todo o alumnado, profesorado e familias nos implicamos a fondo na súa realización á vez que ensaiamos as cantigas tradicionais coas que acompañamos, o día 1 de maio, ás nosas estruturas florais polo desfile da vila e que organiza o concello de Pontedeume.
O noso esforzo e interese por coidar as nosas tradicións foi recompensado cuns fermosos diplomas e un pouquiño cartiño.
Pero o máis importante é que con esta actividade tamén coñecimos, lembramos e recoñecimos o flora autóctona da nosa contorna.
Graciñas a todos pola vosa participación e colaboración!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)