23/4/18

DÍA DO LIBRO 2018


O Güino celebra con nós o no Día do Libro deste ano . Aquí podedes seguir todas as novidades.
http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/2018/04/dia-do-libro.html

           PREME NA IMAXE (BIBLIOCOUCEIRO)


Rede Lectura: 

Compartindo libros e lecturas

Premede a imaxe e podedes ver propostas de libros interesantes, como este sobre Malala, 
Premio Nobel da Paz 2014

http://redelectura.blogspot.com.es/
  MURAIS DA CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2018

O traballo que fixemos a semana pasada no colexio deu resultados importantes, pois elaboramos murais, onde compartimos cos demais as nosas lecturas preferidas. Ollade que marabilla de debuxos!!!













Non faltamos nin @s profes, que tamén quixemos participar nun día tan importante.



VENTA DE LIBROS

Este é o anuncio co que @s de 6º andan a conseguir fondos para a súa excursión de fin de curso. Mercas un libro e regálanche unha gorra. Unha idea fantástica. Anímate a colaborar!!!







As profes Mari e Sofía, non deixaron de animar para que todo o mundo participara.


NON DEIXES DE LER, PORQUE LER É CRECER!!!!


17/4/18

ESCRITORES E ESCRITORAS LETRAS GALEGAS (1963-2018)

Próximos á celebración das Letras Galegas 2018, coa figura de María Victoria Moreno, fagamos un pouco de historia de como comezou esta importante data para a nosa lingua e a selección de todos os escritores e escritoras que foron homenaxeados ao longo destes 55 anos. Premede sobre cada nome e podedes ver a súa biografía.

                       ESCRITORES E ESCRITORAS LETRAS GALEGAS (1963-2018) 
2018 María Victoria Moreno2017 Carlos Casares2016 Manuel María Fernández Teixeiro2015 Xosé Filgueira Valverde2014 Xosé María Díaz Castro2013 Roberto Vidal Bolaño2012 Valentín Paz Andrade2011 Lois Pereiro2010 Uxío Novoneyra2009 Ramón Piñeiro2008 Xosé María Álvarez Blázquez2007 María Mariño2006 Manuel Lugrís Freire2005 Manuel Lorenzo Varela2004 Xaquín Lorenzo, Xocas2003 Avilés de Taramancos2002 Frei Martín Sarmiento2001 Eladio Rodríguez González2000 Manuel Murguía1999 Roberto Blanco Torres1998 Trobadores da ría de Vigo1997 Ánxel Fole1996 Xesús Ferro Couselo1995 Rafael Dieste1994 Luís Seoane1993 Eduardo Blanco Amor1992 Fermín Bouza-Brey1991 Álvaro Cunqueiro1990 Luís Pimentel1989 Celso Emilio Ferreiro1988 Ramón Otero Pedrayo1987 Francisca Herrera Garrido1986 Aquilino Iglesia Alvariño1985 Antón Losada Diéguez1984 Armando Cotarelo Valledor1983 Manuel Leiras Pulpeiro1982 Luís Amado Carballo1981 Vicente Risco1980 Afonso X o Sabio1979 Manuel Antonio1978 Antonio López Ferreiro1977 Antón Villar Ponte1976 Ramón Cabanillas1975 Xoán Manuel Pintos1974 Xoán Vicente Viqueira1973 Manuel Lago González1972 Valentín Lamas Carvajal1971 Gonzalo López Abente1970 Marcial Valladares Núñez1969 Antonio Noriega Varela1968 Florentino López Cuevillas1967 Manuel Curros Enríquez1966 Francisco Añón1965 Eduardo Pondal1964 Daniel Rodríguez Castelao1963 Rosalía de Castro

9/4/18

LE EN GALEGO

Logo celebraremos o día do libro e para ir abrindo boca aquí tedes o catálogo de libros infantís e xuvenís de Galicia 2018. Este catálogo é publicado por Gálix, a asociación galega do libro infantil e xuvenil que contén máis  de 100 títulos en galego publicados en Galiza no ano anterior.

Preme na imaxe

6/4/18

DÍA DA POESÍA E DO TEATRO 2018

O Día do Teatro e da Poesía 2018, celebrámolo cun festival coa representación das obras: “O Momento Perfecto”  de Susanna Isern, posta en escena por 2º A, que trata da xenerosidade, do agradecemento e da amizade, e  a de Chus Pereiro "Ai Mamasiña, que Medo!", que representou o alumnado de 5º.
Houbo tamén un recitado de poesías de  Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017,  do seu libro “POEMAR O MAR”, que levou a cabo o alumnado de 3º e 4º , que estivo a traballar esta obra, conxuntamente co autor, o pasado día 19 de marzo na nosa Biblioteca "Xardín do Pasatempo" 
Para finalizar cantamos e bailamos a canción de "Catro Vellos Mariñeiros".
Parabéns a todos e a todas!!!

.                              








 

5/4/18

ÁLBUM BILINGÜE GALEGO-ENGLISH

Como cada curso continuamos co proxecto de colaboración entre o inglés e a nosa lingua en Educación Primaria, mediante a actividade de crear un álbum bilingüe entre ámbalas dúas.

O tema foi o Mar, seguindo o PDI que estamos desenvolvendo este curso, e todo o alumnado traballou arreo para conseguir os cromos e buscar os nomes de cada animal mariño, en inglés e en galego.

http://handmadecofre.blogspot.com.es/2018/02/bilingual-album-2018.html
                                      PREME A IMAXE
O Premio que recolleron os equipos máis adiantados e que conseguiron rematar antes o álbum, consistiu nun libro en inglés para a biblioteca de aula de cada nivel. Fantástico premio que podemos gozar todos e todas.
Parabéns ao equipo de English!!!


PARABÉNS  CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!















2/4/18

TABOLEIRO DA LINGUA. ABRIL 2018

En abril...

"ABRIL, ABRILÓN, AUGA POR UN TUBO
E PODE QUE TREBÓN"



CONTOS PARA PENSAR

Para que empecedes con enerxía, despois das vacacións, aquí vos deixamos unhos contos que vos axudarán a pensar.

  

Neste conto a avoa prepara para as súas netas unha sorpresa na bodega: pan con mel. As tres netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas e atopan:"O Papón" que é un popular «comenenos»: xigante, cabezón, aspecto bruto e gran voracidade, que papa os nenos enteiros e sen mastigar.


 No conto de "Maruxa", vemos como ela cosía, varría e labraba, mentres que Pepiño cantaba, folgaba e durmía...Ela consegue que el entenda que traballo e lecer deben ser cousa de dous. Maruxa e Pepiño discuten cando el lle pide a ela que faga pan. Ela négase, porque faltan os ingredientes e pídelle que el os vaia buscar, un por un. Cando Maruxa ten xa todo a man, di que está cansa, e será el quen tamén teña que amasar o pan.



O Rato Tom foi visitar a Tomasa pero caeu redondo no bidón. Tomasa vestiuse de loito e pechou a casa e contoulle a súa pena á cociñeira e a cociñeira á ola e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.