As orixes da festa remóntanse ás antigas civilizacións prerromanas, como a celta. A festividade celta de Beltane marcaba o inicio do verán pastoral cando as rabaños de gando eran levados cara aos pastos de verán e as terras de pasto das montañas. De aí a adoración dos fenómenos terrenais: terra, mar e aire. Unha das principais actividades da festividade consistía en acender fachos nas montañas e outeiros con rituais e significados políticos[1]. A tradición estivo presente en Roma, entre o culto a multitude de deuses. Os romanos tamén asimilaron esta tradición mayumea en honra da chegada da primavera e das primeiras flores do ano, o día que corresponde co actual primeiro de maio. E todo poboado romano tiña ademais dos deuses oficiais os propios autóctonos. En Hispania adorábase a deusa Bona Dea [2], que non era outra cá deusa da fertilidade Maia ou Fauna na mitoloxía romana, coa que se celebraba a chegada da primavera nunhas festas que recibían o nome de Floralia. Seguramente esta tradición sufriu variacións coa chegada da civilización árabe aos campos de Castela, como a manifestación en cantos ou rondas á persoa amada. Finalmente, o cristianismo asimilou multitude de festas pagás profesadas con anterioridade á súa implantación en festas relixiosas, sendo este un claro exemplo: a maioría destas pasaron a ser festas en honra á Virxe María. (Wikipedia)
As figuras que protagonizaban a festa dos maios, permiten clasificalos en:
- Maios figurados: unha figura en forma de cono modelo máis tradicional ou de calquera outra forma (maios artísticos). Dentro deste grupo incluiríase a árbore de maio.
- Maios humanos: unha persoa -neno ou adulto- cuberto de pólas, follas, flores etc.
Os maios figurados consisten nunha armazón ou esqueleto de paus ou táboas de forma cónica ou piramidal, recuberto de tea metálica ou arpillera, que se cobre de mofo (hoxe prohibido por estar protexido), fiúncho ou herba. A armazón constrúese sobre unha plataforma que, a modo de padiola, permitía transportar o maio polas rúas do lugar.
Sobre esta estrutura debúxanse distintos motivos con flores, follas, fiúncho, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, como materiais máis habituais. O cumio remátase (coróase) cunha cruz. Hoxe, a imaxinación popular tamén constrúe maios coas figuras máis variadas: pontes, hórreos, cruceiros, casas, animais, figuras humanas etc. En localidades costeiras, fanse tamén con forma de barco.


Os maios humanos podían ser individuais: un mozo ou moza, ás veces disfrazados, adornados con flores, follas ou pólas e cunha coroa de flores. Cando se trataba dunha nena, a maia, ía vestida de branco, con ás e coroas de flores. Noutros lugares eran grupos de xente vestidos do mesmo xeito, e que cantaban e danzaban arredor do maio. Este tipo de maios moi habituais hai un cento de anos foron esmorecendo pouco a pouco até chegar case á desaparición.




A xesta como elemento protector das portas.
Participamos no concurso do Concello e foi todo un éxito, tanto a celebración no colexio, coma os premios aos nosos Maios. Velaí o resultado.