O día 27 de marzo celébrase o Día do Teatro.
Este ano na nosa escola fixemos diversas actividades:
O día 24 de marzo os nenos e nenas de 3º de Primaria representaron duas obras:
"O rato que comía gatos", unha adaptación dun conto de Gianni Rodari co mesmo título e
"A aula de tócame-roque", unha obra moi graciosa sobre unha aula un pouco desordenada.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjRlNFeTjv1YTNSbO-k2TEPvIMABCVWp1DIopeH0x2p2zUn7pUyLCGVb7EjyxyvbzIcaYMAKEFmr15fYUVfzpMiF57LSIi2wYCyGBmfnaOG76zrFksBBjc98-uo5FwPrixx7SxzYHj89wqn/s200/P3240046.JPG)
Se queredes ver os videos completos dos nosos compañeiros pinchade
aquí.
O día 25 de marzo recibimos a visita da compañía Tres Globos que representou con monicreques unha adaptación do conto
"Pedro e o lobo" para os nenos e nenas de Infantil. Canto nos gustaron os monicreques!!
O día 26 de marzo a compañía de teatro Casa Hamlet representou para os nenos e nenas de Primaria a obra
"Ratiña Linda", baseada nun libro de Bernardino Graña.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiK3T0ZgSZCxlBSSFdomOWFVwMulDmGomK2m94UsIzJlLL4oGn5IFBReg0ID8VBJQntyLk9e0ayB05dKLvFRryT2BUu3t16M7qUvUdK8XOJMUn7_5RF1hOIeMa6T1V024B_cG4rfOyIpSid/s200/P3260023.JPG)
Como vedes este ano os protagonistas foron os ratiños e ratiñas.
Que vos pareceu a nosa celebración?