2/5/18

LETRAS GALEGAS 2018. RECURSOS EDUCATIVOS MARÍA VICTORIA MORENO

Seguidamente podedes utilizar todos os recursos educativos sobre María Victoria para coñecer mellor a esta autora.
"Por isto penso que a situación do galego non se pode ver con indiferenza. Se estou coa xente que amasa o meu pan e mais colle no mar os peixes da miña mesa, tamén quero falar con eles, falar a súa fala."
MARIA VICTORIA MORENO
PREME NAS IMAXES

    SEMINARIO GALÁN, con actividades en liña para todos os niveis  

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades


http://primaveradasletras.gal/category/fichas-didacticas/

Brincaletras





LETRAS GALEGAS 2018: MARÍA VICTORIA MORENO

http://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0056/2018-maria-victoria-moreno
PREME NA IMAXE (PORTAL DA LINGUA GALEGA)
María Victoria Moreno firma.svg

Ana María Victoria Moreno Márquez naceu en Valencia de Alcántara (Cáceres) o 1 de maio de 1939. Pontevedresa de adopción,chegou a Galicia en 1963, con só 22 anos, e axiña asumiu a cidadanía en galego, a lingua que escolleu tanto para as súas obras narrativas infantís e xuvenís, como para os seus estudos literarios, o ensaio, a poesía e a didáctica da lingua e da literatura galegas. Isto permítenos definila como "galega de elección".
En 2018 é a figura protagonista do Día das Letras Galegas e isto convértea na cuarta muller -tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño- que leva ese recoñecemento nos 55 anos da  historia da celebración.
María Victoria foi elixida pola súa contribución á literatura galega, fundamentalmente dirixida aos máis novos. Profesora por vocación, partícipe da vida cultural e política, centrou a súa obra narrativa principalmente nos cativos e nos mozos, o seu alumnado, para quen tamén investigou na didáctica da lingua e da literatura galega.
  Premede nas imaxes, para saber máis desta autora e da súa obra literaria.


https://academia.gal/letras-actual
PREME NA IMAXE (REAL ACADEMIA GALEGA)


Resultado de imagen de MARIA VICTORIA MORENO
PREME NA IMAXE ( EDITORIAL GALAXIA)

http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=2994573&name=DLFE-13611.pdf
PREME NA IMAXE (XUNTA DE GALICIA)

PREME NA IMAXE (GALIPEDIA)











                                                                                                                    


                          
¡XA NON TEÑO MEDO!    (fragmento)

Eu durmo na bufarda
porque son malo,
porque esperto de noite
e porque falo.

       Mais mamá dixo
       que podía chamala
       de ser preciso.

*  *   *

Anque os primeiros días
pasei ben medo
coas sombras, cos ruídos
e co silencio,
      
       souben axiña
       que a noite é unha festa
       moi divertida.

              *  *  *
Cando a nai mata as luces
nace un silencio
que é redondo e escuro,
mais non dá medo

       Cómpre afacerse
       e as faíscas e as voces
       logo aparecen 

                   *   *  *

O reloxo da sala
óese ao lonxe
e eu agardo entre as sabas
que cante as doce,

       para que saian
       os diabriños que viven
       na miña casa.

                        *  *  *
No armario máis pequeño
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
       Dormen de día
       e polas notes traman
       mil ousadías


                      

MAIOS 2018



festa dos Maios é unha festa popular primaveral de orixes ancestrais, que se adoita celebrar o 1 de maio.
 No noso cole o profesorado, alumnos e alumnas, pais e nais e familias en xeral, fixeron posible un traballo en colaboración, nun ambiente festeiro, cantando e traballando en equipo, como é propio da nosa vila, nesta celebración tan antiga e respectada por tod@s os eumeses e eumesas.
Grazas familias pola vosa colaboración !!!



PREME A IMAXE (Crónicas dun Fillo de Pontedeume)

Os nosos Maios luciron preciosos, tanto, que foi premiado co segundo premio o de 1º,2º e 3º de primaria y co terceiro premio o de Infantil "Maio Florido".











E para finalizar, unha rica merenda. 
Preparad@s para a festividade do vindeiro ano!!!