3/11/19

O TABOLEIRO DA LINGUA: OUTUBRO!

Durante este ano académico no Taboleiro da Lingua, aproveitando o PDI deste curso que ten por tema " A Igualdade", cada nivel de Educación Primaria e Infantil elaborará un pequeno traballo sobre algunha persoa da contorna máis próxima ao centro que, a pesar dalgunha situación desfavorable ao longo da súa vida, seguiu adiante e logrou superala satisfactoriamente. Os traballos faranse en Galego e a asignación por meses será a seguinte:


  • Outubro: 6º Primaria
  • Novembro: 5º Primaria
  • Decembro: 4º Primaria
  • Xaneiro: 3º Primaria
  • Febreiro: 2º Primaria
  • Marzo: 1º Primaria
  • Abril: 6º Infantil
  • Maio: 5º Infantil
  • Xuño:4º Infantil

Así que xa temos o primeiro traballo dos compañeiros e compañeiras de sexto, que nos falan sobre David Mouriz. Quen é? Votade unha ollada!



O SAMAÍN!


O Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Fieis Defuntos e co Magosto, o herdeiro directo en Galicia destas festividades da cultura atlántica anterior á romanización.Está baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos camiños para asustar ós viandantes.Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acodían de visita durante a noite.
Como festa tradicional galega que é, dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega en conxunto coa Biblioteca, deseñamos unha serie de actividades para o desfrute de tódolos nenos e nenas do colexio:

- A queima dos medos: Nesta actividade cada titoría traballou durante uns días cos distitnos medos que poden experimentar cda grupo de nenos e nenas na súa respectiva idade. Os nenos tiveron que representalos en forma de debuxo ou texto escrito para, posteriormente, facer un rito no que se queimaron os mesmos como acto de representación de superación de ditos medos.










- Lemos ás escuras: Unha actividade na que os nenos pasan un bo rato. Consiste en que, duraante a hora de ler, o día de Samaín, os nenos, nenas e mestres len, na súa respectiva clase, contos de medo con lanternas, creando así un ambiente propio para dita festividade!









- Decoramos o colexio con cabazas! Tódolos anos, o día antes de Samaín, os nenos e nenas que o desexen poden levar ao colexio cabazas decoradas ao seu gusto para crear así un ambiente de medo, recordando así as orrixes desta festividade celta. Esperamos que vos gusten!