O primeiro trimestre remata cunha exposición fermosísima sobre as Plantas de Galicia realizada polas nenas e nenos de 4º. Buscaron información, fixeron traballo de campo e explicaron todo o recollido nestas fichas tan traballadas que nos amosan a todos no corredor principal. Bo traballo dos peques e os seus profes!.
13/12/14
15/11/14
FESTAS DE OUTONO!
Como cada ano, no cole, damos a benvida ao outono celebrando por todo o alto as festas típicas destas datas: samaín, magosto e día do peón.
Como fondo da nosa exposición de Samaín luciron as cabazas refraneiras das nenas e nenos de 4º. Vede que chulas quedaron!

.
Case foi un Magosto de "verán", vai calor que ía!
Non foi así no Día do Peón pois o tempo non deixou que o celebrasemos no patio exterior coa compaña das nosas familia. Pero vede o equipo de axudantes do primeiro trimestre o entregados que estiveron na preparación dos peóns e na decoración do mural. Moi ben por eles e polos pequenos de 1º e 2º de primaria que decoraron os peóns!.
8/11/14
LEMOS AOS PEQUENOS!
Desde o mes de outubro nenas e nenos de 5º e 6º están participando na lectura de contos en galego aos peques do cole e aos compis de 1º, durante a hora de lectura dos xoves. Para as rapazas e rapaces de 5º é a primeira vez e empezaron un pouco nerviosos pero... co paso dos días fóronse afianzando e agora xa dramatizan os contos e incluso elaboran as personaxes dos mesmos. Os maiores xa como veteranos reforzan a súa experiencia. Parabéns a todos polo voso esforzo e dedicación. Aquí os tedes en acción:
25/10/14
O GALEGO, NAS NOSAS MANS!
Este curso, desde o Equipo de Dinamización Lingüística, decidimos comezar "dinamizando" aos nenos e nenas do cole.
O primeiro paso foi a proposta de creación dun grupo de "axudantes" que, xunto cos mestres deste equipo, traballemos a prol da nosa lingua: axudando a decorar o cole nas datas especiais para a nosa cultura, colocando traballos no taboleiro da lingua, animando á participación dos compis e sobre todo... falando galego.
Cada nivel desde 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria recibe unha invitación a colaborar e anótanse voluntarios neste folio. O resultado aquí o tedes:
GRAZAS A TODOS POLO VOSO INTERESE E PARTICIPACIÓN.
O segundo paso propúxose ás rapazas e rapaces de 5º e 6º e consistíu en idear un logo e un nome para este grupo comprometido, que en cada trimestre e seguro que ao longo do vindeiro curso, rotará na colaboración das tarefas nomeadas anteriormente. Esta proposta tamén tivo unha grande acollida e a participación foi masiva. Aquí tedes unha mostra e aínda que o deseño escollido foi o de Carolina Paniagua de sexto curso, dicir que todos serían merecentes de lucir no medallón que colgarán os axudantes deste gran equipo así coma os lectores de 5º e 6º na hora do conto aos máis pequenos do cole:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)