13/12/14

"PLANTAS DE GALICIA" NO TABOLEIRO DA LINGUA.

O primeiro trimestre remata cunha exposición fermosísima sobre as Plantas de Galicia realizada polas nenas e nenos de 4º. Buscaron información, fixeron traballo de campo e explicaron todo o recollido nestas fichas tan traballadas que nos amosan a todos no corredor principal. Bo traballo dos peques e os seus profes!.