Mostrando entradas con la etiqueta 25Novembro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 25Novembro. Mostrar todas las entradas

25/11/18

25 de Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe celebramos o 25 de Novembro, data en que conmemoramos o Día Contra a a Violencia de Xénero.
 Desde que se recollen datos relativos ás mulleres vítimas de xénero, foron asasinadas 950 e no que vai do ano 2018, 39 mulleres máis , sen contabilizar aquelas asasinadas fóra das relacións de parella, neste caso o número ascende a 77, por iso este curso, inspirándonos na canción de Rozalén "La Puerta Violeta", colocamos na entrada unha gran porta desa cor. Tamén, con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande para que abra a porta á igualdade e peche a porta da violencia. 
Parabéns a tod@s polo compromiso de erradicar unha lacra social que non debe seguir vixente.






Preme na porta para ver a publicación da Biblioteca do cole

Temos que comprometernos con eliminar os micromachismos, que son fórmulas de violencia cotiá e facer unha educación coeducativa, na escola e na casa, que traballe para que esa violencia tan sutil, que resulta invisible pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, elimine a violencia de xénero. Saber identificalos é fundamental para combatelos.

Dous libros que denuncian a discriminación e os estereotipos que aínda existen, son os de: "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e a ilustradora Nella Bosnia,  que vos deixo aquí. O primeiro nunha divertida versión feita polo CEIP Humberto Juanes de Nigrán, e o segundo feito por voluntari@s contacontos da Biblio do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez Celanova.


25/11/17

25 DE NOVEMBRO DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A discriminación das mulleres e a violencia de xénero, son un problema que traspasa fronteiras e que está presente na maior parte dos países do mundo, coa particularidade, de que as vivencias do maltrato son enormemente parecidas en todos os lugares e culturas.
O corredor do noso colexio contou cos traballos dos alumnos e alumnas de 5º e 6º que denunciaron a violencia de xénero. Tamén fixemos no patio, unha representación do Yin e o Yang todos os alumnos e alumnas participantes, levando un brazalete que conmemoraba a data do 25 de novembro Esta actividade está integrada no proxecto ILLA FANTASÍA que levan a cabo 1º,2º,3º, e 4º de primaria. Parabéns !!!