O Festival de Nadal foi todo un espectáculo con actuacións de moito nivel, onde a participación de todo o colexio foi moi destacada. Aquí vos deixo unha mostra neste symbaloo onde podedes ver todas as representacións.
Bo Nadal e Feliz Ano Novo!!!!
26/12/18
23/12/18
O GALEGO NAS NOSAS MANS: ALMANAQUES DE PETO 2019
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos dar as grazas a todo o alumnado e aos titores e titoras, polo seu esforzo para levar a cabo a iniciativa Almanaques de Peto 2019, que está integrada no noso proxecto O GALEGO NAS NOSAS MANS
Este ano o tema estivo vinculado a BO PROVEITO e cada un de vos, fixo un debuxo inspirado na alimentación saudable, destacando o importante que é comer ben.
De todos eses fantásticos traballos, tivemos que elixir só 14 representantes de todo o colexio e cuxos deseños están xa nos almanaques do 2019. Pero estade seguros e seguras de que todos e todas sodes gañadores deste gran concurso e de que o mellor premio é que fomos capaces de traballar en equipo a prol da nosa lingua.
Non vos esquezades nunca de que o galego estas nas nosas mans e xa vos anuncio de que pronto faremos un libro con todos os traballos que repousara na Biblioteca.
Parabéns !!!
GAÑADORES E GAÑADORAS
GAÑADORES E GAÑADORAS
Samuel López Castro 6ºA EI |
Clara Piñeiro Chao 6ºB EI |
Eva Calvo García 1ºA EP |
Lois López Martínez 1ºB EP |
Leo López Feal 2ºA EP |
Mara Amenedo González 2ºB EP |
Martina Casás Calvo 3ºA EP |
Sara Piñeiro Ares 3ºB EP |
Jaime Vázquez Castro 4ºA EP |
Miguel Couce Sanmartín 4ºB EP |
Cristina Piñeiro Chao 5ºA EP |
Ángel Seara Gómez 5ºB EP |
Andrea Doval Calvo 6ºA EP |
Rawyae Ben Malak 6ºB EP |
Gañador@s e finalistas do concurso ALMANAQUES DE PETO 2019 |
15/12/18
AGASALLOS PARA NADAL 2018
Este Nadal o Equipo de Biblioteca do Couceiro, presenta uns libros fantásticos para agasallar, que non deixan indiferente a ninguén pola súa variedade temática. Anímate e le sen parar, porque lendo non terás faltas de ortografía, ampliarás o teu vocabulario e sobre todo aprenderás a ter un mundo persoal co que vivir mais content@.
Tamén o Equipo de Dinamización, compartimos os agasallos que presenta a Mesa pola Normalización e que, como cada ano, recolle diferentes agasallos en galego que en moitos casos utilizan materiais ecolóxicos.
Agasalla en galego, porque o GALEGO ESTÁ NAS TÚAS MANS!!!
Preme na imaxe
Tamén o Equipo de Dinamización, compartimos os agasallos que presenta a Mesa pola Normalización e que, como cada ano, recolle diferentes agasallos en galego que en moitos casos utilizan materiais ecolóxicos.
Agasalla en galego, porque o GALEGO ESTÁ NAS TÚAS MANS!!!
Preme na imaxe
NADAL 2018 :O APALPADOR
O APALPADOR
Nas noites do 24 ou do 31 do decembro este home de barba rubia, de oficio carboeiro, que vive nas montañas, baixa as aldeas e cólase nas casas para apalpar as barriguiñas dos máis pequechos e ver si comen ben. Deixalles unha presa de castañas para que non pasen fame e un xoguete artesanal. O apalpador cólase na nosa escola para lembrarnos o valor dos agasallos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura.
Preme no debuxo de Leandro Lamas, para ler as orixes do Apalpador
Seguidamente presentamos cantigas e recursos educativos, para que teñas presente a este personaxe tan importante da nosa cultura en estas datas de Nadal.
Non te asustes se te toca a barriguiña para ver se tes fame!!!
PRATO DO MES DE DECEMBRO NO TABOLEIRO DA LINGUA
No Taboleiro da Lingua xa o BO PROVEITO conta cunha nova proposta culinaria da tempada, elaborada para este mes de Decembro por 4º de Primaria. Trátase da Lasaña de Cogomelos e cunha sobremesa de Nevadiños. Tentade facer esta proposta tan interesante que de seguro sorprenderá a todo o mundo.
Ánimo e seguide apostando por unha cociña saudable feita con moitas cores !!!
30/11/18
O GALEGO NAS TÚAS MANS: ALMANAQUES DE PETO 2019
Éxito total na edición dos Almanaques de Peto 2019 que xa podedes ver no Taboleiro da Lingua, corredor principal do colexio, e que permanecerá ata o mes de xaneiro 2019.
Esta actividade consistente no deseño dun Almanaque de Peto do 2019
para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do
colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes
que gañarán esta edición na que se estableceron cambios
importantes para acadar que a actividade sumara no logro dos
obxectivos que perseguimos no noso Proxecto do Uso do Galego.
Na
edición do 2018-2019 establecemos unha convocatoria integradora, co PDI deste curso, adicado á alimentación saudable, que
denominamos:
BO PROVEITO.
Cada alumn@ fixo un debuxo relativo a esta temática en medio folio, sempre utilizando
a nosa lingua en todo o escrito.
A actividade realizouse no colexio, para garantir a igualdade de
oportunidades e tamén se tivo en conta a igualdade de xénero, buscando un número
equivalente de nenos e de nenas.
@s 14 alumn@s que resulten gañadores ou gañadoras dos seis niveis de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil desta
convocatoria, recibirán
4 exemplares correspondentes aos seus propios traballos para compartir
coas súas familias e recibirán un Diploma de recoñecemento polo seu traballo.
A entrega levarase a cabo no Festival de Nadal 2018.
Parabéns a todo o alumnado pola súa participación e esforzo e grazas @s Titores e Titoras polo seu importante traballo e apoio.
LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S 2018
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), en colaboración co Equipo de Biblioteca, segue a desenvolver a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con novos equipos de alumn@s de 5º e 6º de primaria, que se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!! O galego está nas vosas mans!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)