26/12/22

BO NADAL!!

 Este Nadal, un ano máis, alumnado, familias e profesorado vibramos coas variadas actuacións do nosos nenos e nenas. Logo de moitos ensaios, chegado o día, fixémolo xenial!.

    Aproveitando a temática do centro tamén quixemos facer un percorrido polos costumes, cantigas, tradicións e gastronomía do mundo nestas datas tan especiais. A todo elo nos achegaron, de xeito excepcional, os presentadores do festival.


Gozade dos vídeos premendo na palabra NADAL

2/12/22

LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS!!

Desde o Equipo de Dinamización retomamos con grande ilusión, logo do parón da pandemia, a actividade LEMOS AOS MÁIS PEQUENOS. 

Esta actividade que este curso levamos a cabo na hora de ler dos luns consiste na invitación ao alumnado de 5º e 6º de primaria para que, voluntariamente, lles lean aos nenos e nenas de educación infantil e 1º de primaria diferentes lecturas, preferentemente, na nosa lingua.

Igualmente anímaselles a preparar ditas lecturas, ben dramatizando, agasallando con algún detalliño aos peques ou animándoos a ilustrar o conto lido.

O certo é que se agradece o esforzo destes mozos e mozas que, vencendo a vergoña destas idades, se animan a transmitir o valor dos contos aos máis pequerrechos do cole. Eles agradécenllelo moitísimo.

ABONDA CON VER AS SÚAS CARIÑAS!.