![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjKeZwd6GEEdbrxBndbP4Vy4yH8ZFFI4c8FjGv_cjcHG48a_ET-QZjokUQqNsmETCYWHdNTkn8R-Rya2G_zc4SdOeYAfTsrSpQqAltZ4vSSEKMn1oUqsrmglLUHQzSFa39ATxutZf4P-vs/s640/As+mariscadoras-000.jpg)
Co obxectivo de visibilizar o papel da muller, a súa contribución á economía do mar e o seu valor no traballo que desenvolveron ao longo dos séculos, este ano facemos unha homenaxe ás mulleres do mar, seguindo co noso proxecto (PDI) O MAR
A Biblioteca do noso cole fixo un traballo moi interesante co alumnado de 5º e 6º, que continuará coa participación do resto dos niveis e que podedes consultar premendo a imaxe do mural que podedes visitar no corredor
Queremos aproveitar esta ocasión para destacar unha exposición impulsada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, o Campus do Mar e a Deputación de Pontevedra: ‘Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar’ que está composta por diferentes paneis nos que se van amosando imaxes de traballadoras da salga e da conserva, mariscadoras, redeiras, regateiras, traballadoras das descargas, transporte e venda... "mulleres invisibles e invisibilizadas, cuxo traballo foi e segue a ser fundamental para a sustentabilidade do mar”. A directora do proxecto, é a profesora María Álvarez Lires .Tamén A colección Historia das Mulleres en Galicia, coordinada pola catedrática de Historia Moderna da Universidade de Compostela (USC), Ofelia Rey Castelao, que ten como obxetivo cubrir un baleiro historiográfico: o referido á traxectoria histórica das mulleres galegas desde que hai rastros arqueolóxicos ou escritos ata os nosos días.
Non deixedes de investigar e coñecer a realidade de moitas mulleres que traballan arreo . Tan só tedes que mirar a todas as que están preto de vos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj5401riuqhJjvH1xVcHJWCZ4SKZ3luDKKGeVfFMDdpAg6VzjaSNPp1t-K-Eqk6ZEMYL2YVMz9rTDgISotkRcLzEsJY9PJq-4kqdsJQYo4DZ3mHZ0ZcI1Xj-Do7lQVfFFLyeV8wjIlIVg/s640/DSC_0038.jpg)
Preme a imaxe (Bibliocouceiro)
![](https://www.vigoe.es/media/k2/items/cache/1bfd76ccd08634eff5cf75c7078ce345_XL.jpg)
Preme a imaxe (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo)
Preme a imaxe( Secretaría Xeral de Igualdade)
Aquí podedes consultar a historia do DIA DA MULLER (castelán)