Nesta edición puidemos disfrutar dun concerto de Pablo Díaz... Tic, tac...Toc,toc...Tic,tac,toc...
12/5/17
CORRELINGUA
Hoxe o noso alumnado de 1º, 3º e 4º asistíu a 6ª edición de Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma.
TABOLEIRO DA LINGUA
No corredor da entrada do cole podemos atopar unha exposición de casteis no Taboleiro da Lingua sobre a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas este ano 2017, Carlos Casares.
9/5/17
EN MAIO SEGUIMOS CO PDI "AS FRAGAS DO EUME"
Como xa sabedes no centro estamos a traballar un PDI sobre as Fragas do Eume. Aquí tedes novas actividades interactivas "SONS DAS FRAGAS".
Preme na imaxe |
3/5/17
...EN MAIO...LETRAS GALEGAS
A literatura pode servir para moitas cousas: gañar a vida, gozar, emocionarse ou encanallarse. A min, persoalmente, sérveme para pasalo ben.
CARLOS CASARES
Neste mes de maio celebraremos as Letras Galegas, adicadas este ano a Carlos Casares. A Real Academia Galega publicou este ano na fermosa páxina web PRIMAVERA DAS LETRAS numerosos recursos e actividades sobre o autor e a súa obra.
Se premes na imaxe atoparedes unha chea de recursos e actividades sobre Carlos Casares.
Tamén podedes participar no certame Contádenos o voso Día das Letras, dirixido a escolares de ata 12 anos, a través deste proxecto web Primavera das Letras. Está aberto a todos os centros escolares de Galicia de infantil e primaria, co obxectivo de que amosen como celebran o vindeiro día 17, este ano dedicado á figura e á obra de Carlos Casares. As iniciativas a concurso serán compartidas neste espazo web, onde xa están dispoñibles dezasete actividades interactivas, fichas didácticas e fichas didácticas para colorear arredor da biografía e os libros de Casares. Cada centro poderá participar co número de proxectos que desexe, tanto os que abranguen a toda a comunidade escolar, como os que se organicen por aula, curso ou etapa. O xeito de participar é mediante o envío das ligazóns das súas webs ou blogs ou o material das súas iniciativas ao correo contacto@primaveradasletras.gal. O prazo remata o vindeiro 21 de xuño. Entre os participantes sortearanse lotes de libros á volta das vacacións de verán. ANIMÁDEVOS!!!
No SEMINARIO GALÁN tamén podemos atopar moitos recursos sobre Carlos Casares, dende actividades en liñas, documentos para imprimir...
Preme na imaxe |
Tamén na FUNDACIÓN CARLOS CASARES unha morea de achegas dos centros educativos nos invitan a coñecer a este polifacético escritor.
Preme na imaxe |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)