Nesta ocasión inspirados na temática do PDI "As olimpíadas" xurdiron ilustracións e textos moi chamativos cos que, desde o Equipo de Dinamización Lingüística, se agasallou ás familias no remate deste ano 2.023.
Mostrando entradas con la etiqueta Almanaques de Peto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Almanaques de Peto. Mostrar todas las entradas
23/12/23
DESEXANDO UN VENTUROSO 2024.
Un ano máis o noso alumnado, desde 6º de educación infantil ata 6º de educación primaria implicouse a fondo na elaboración do deseño dos ALMANAQUES DE PETO.
14/1/23
ALMANAQUES DE PETO
Como cada ano polo Nadal o noso alumnado, desde 6º de educación infantil ata 6º de primaria, implícase a fondo no deseño dos almanaques de peto cos que agasallaremos a toda a comunidade educativa. A ilustración e o texto que a acompaña parte da temática traballada durante o ano no PDI de centro. Este curso "Couceiristas polo mundo".
Como ven sendo habitual houbo verdadeiras obras de arte en todos os cursos e foi realmente complicada a elección do almanaque representativo de cada curso.
GRACIÑAS POLO VOSO ESFORZO E DEDICACIÓN!!
22/12/20
ALMANAQUES DE PETO
A temática dos almanaques de peto para este curso foi "Pontedeume: a nosa vila". Participaron tódolos alumnos e alumnas de Educación Primaria, e o alumnado de 6º de EI. O resultado non poido ser máis bonito.
Compartimos unhas fotos dos almanaques e do alumnado gañador. Ademáis, con todos os debuxos fixemos varios libros que quedarán para o fondo da Biblioteca de Güino.
Desde o Blog A Casqueira agardamos que pasedes unhas Boas Festas.
24/9/19
OS ALMANAQUES DE PETO XA ESTÁN NA BIBLIOTECA!
O CURSO PASADO, O PDI DO COLEXIO TIÑA POR TÍTULO BO PROVEITO, CENTRÁNDOSE PRINCIPALMENTE EN QUE OS NENOS E NENAS APRENDERAN A LEVAR UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE. POR ISO, CADA MES, UN CURSO DISTINTO DESEÑABA UN PRATO SAUDABLE ACHEGANDO ASÍ TAMÉN A SÚA RECEITA E EXPOÑÍASE NO TABOLEIRO DA LINGUA PARA GOZO DE TODO O CENTRO.
UNHA DAS ACTIVIDADES ESTRELA IMPULSADA POLO EDLG FOI A EDICIÓN DOS ALMANAQUES DE PETO. ESTA ACTIVIDADE CONSISTÍA NO DESEÑO DUN ALMANAQUE DE PETO DO 2019 PARA REPARTIR A TODO O ALUMNADO, PROFESORADO E PERSOAL NON DOCENTE DO COLEXIO. PARA A SÚA EDICIÓN, CADA ALUMNO E ALUMNA FIXO UN DEBUXO RELATIVO A ESTA TEMÁTICA EN MEDIO FOLIO, UTILIZANDO SEMPRE A NOSA LINGUA EN TODO O ESCRITO. COMPRE DESTACAR QUE A ACTIVIDADE REALIZOUSE NO COLEXIO PARA GARANTIR A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ASÍ COMO A IGUALDADE DE XÉNERO, BUSCANDO UN NÚMERO EQUITATIVO DE NENOS E NENAS.
O RESULTADO PODÉDELO APRECIAR NUNHA RECOMPILACIÓN DE TÓDOLOS ALMANAQUES DE PETO, QUE FOI DEPOSITADA NA BIBLIOTECA PARA O GOZO DE TODOS NÓS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

Suscribirse a:
Entradas (Atom)