O
Samaín en Galicia, é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos
Fieis Defuntos e co Magosto, o herdeiro directo en Galicia destas
festividades da cultura atlántica anterior á romanización.Está
baseada na tradición de tallar cabazas o día de Defuntos, que eran deixadas nos
camiños para asustar ós viandantes.Tradicionalmente, tamén era habitual que a
mesa non se recollese despois de cear, por se as ánimas dos defuntos acodían de
visita durante a noite.
Como
festa tradicional galega que é, dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega
en conxunto coa Biblioteca, deseñamos unha serie de actividades para o desfrute
de tódolos nenos e nenas do colexio:
- A
queima dos medos: Nesta actividade cada titoría traballou durante uns días cos
distitnos medos que poden experimentar cda grupo de nenos e nenas na súa
respectiva idade. Os nenos tiveron que representalos en forma de debuxo ou
texto escrito para, posteriormente, facer un rito no que se queimaron os mesmos
como acto de representación de superación de ditos medos.
- Lemos ás escuras: Unha actividade na que os nenos pasan un
bo rato. Consiste en que, duraante a hora de ler, o día de Samaín, os nenos,
nenas e mestres len, na súa respectiva clase, contos de medo con lanternas,
creando así un ambiente propio para dita festividade!
- Decoramos o colexio con cabazas! Tódolos anos, o día antes
de Samaín, os nenos e nenas que o desexen poden levar ao colexio cabazas
decoradas ao seu gusto para crear así un ambiente de medo, recordando así as
orrixes desta festividade celta. Esperamos que vos gusten!
No hay comentarios:
Publicar un comentario