O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración co Equipo de Biblioteca, desenvolveu durante este curso a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con novos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria, que se achegaron a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
O noso obxectivo é favorecer unha relación entre @s máis nov@s e @s maiores do noso colexio, que aportan a súa experiencia na lectura comprensiva e as súas vivencias e goce cun bo libro escrito en galego.
Coma en anteriores anos, os nenos e nenas colaboradoras, levaron un medallón co lema O GALEGO NAS NOSAS MANS, que tanta forza da a este proxecto, a prol da nosa lingua.
Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!! O galego está nas vosas mans!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario