28/10/17

CHEGOU O SAMAÍN

Samaín

Chegou o Outono e con el a vendima, as castañas, as longas noites de choiva, vento e frío. Chegou tamén o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e, sobre todo, de medo.
Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el, do ano vello e o comezo do inverno e do ano novo. Igualmente, o Samaín era o momento no que as ánimas dos mortos retornaban ás súas casas para visitar os familiares aínda vivos. Nesta visita aproveitaban para buscar alimento e quentarse co lume da lareira, polo que era costume deixar o lume aceso nesa noite e nunca varrer a lareira para non afastar as ánimas; ás veces tamén se deixaba unha cadeira baleira, co seu servizo de comida e bebida, para que as ánimas se achegasen á mesa familiar.
Coincidía así, nesa noite do 31 de outubro ou 1 de novembro, a festa do paso dun ano a outro, co momento da apertura ás ánimas do outro mundo. Eran datas claves para se reuniren nos camposantos, comer o ritual e comunal porco celta de samaín e concelebrar as  festas dos guerreiros. 








Este Samaín vén cheo de novidades no colexio, pois monstros mariños andan polos corredores e chegan onde o Taboleiro da Lingua para contarnos a súa historia. Andade ver este traballo tan fantástico que ilustra Sereas, Leviatáns, Hipocampos e Kraken que veñen do Alén do Mar.












TRADICION DE TALLAR AS CABAZAS

Con ocasión do día de Defuntos, atoparemos tamén unha serie de costumes ancestrais propias do noso país, como facer colares coas castañas novas e especialemente era habitual por esta data, coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar aos viandantes. Este costume coincide co americano de Halloween e aínda co máis antigo celta do Samaín, no que eran os cranios dos inimigos os que brillaban na escuridade con candeas no seu interior.  Uuuhhhh!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario