13/10/17

LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S


Dende o mes de outubro de 2009, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), ven desenvolvendo a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, na que @s alumno@s de 5º e 6º de primaria, se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de primaria.
O vindeiro xoves 19 de outubro terá lugar a primeira sesión, que se vai desenrolar todos os xoves, coincidindo coa hora de lectura. 
Pretendemos dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e o maiores do noso colexio. Para darlle un maior significado a esta mobilización , os nenos e nenas levarán un medallón co lema O GALEGO NAS NOSAS MANS, que tanta forza da ao noso respecto pola nosa lingua.
De seguido podedes ver @s participantes que colaboran coa actividade.  Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!! 







No hay comentarios:

Publicar un comentario