27/10/17

Continuamos lendo aos máis pequen@s!

Esta semana foron @s nen@s de 6º de primaria A @s lectores.

Tod@s pasamos un tempo estupendo na hora de lectura!








19/10/17

Arrancamos! Lemos @s máis pequen@s!

Este xoves comezou a actividade Lemos @s máis pequen@s.

Alumn@s de sexto de primaria acudiron ás aulas de infantil e primeiro de primaria. 


Tod@s estaban encantad@s!

Ollade as súas caras e comprobádeo! 













Noraboa @s alumn@s de sexto polo seu traballo e pola súa dedicación nas preparacións das lecturas.
Algúns nenos e nenas incluso tiveron un agasallo!


13/10/17

LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S


Dende o mes de outubro de 2009, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), ven desenvolvendo a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, na que @s alumno@s de 5º e 6º de primaria, se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de primaria.
O vindeiro xoves 19 de outubro terá lugar a primeira sesión, que se vai desenrolar todos os xoves, coincidindo coa hora de lectura. 
Pretendemos dar ao alumnado un ESPAZO DE USO PARA A LINGUA GALEGA e favorecer un achegamento entre os máis novos e o maiores do noso colexio. Para darlle un maior significado a esta mobilización , os nenos e nenas levarán un medallón co lema O GALEGO NAS NOSAS MANS, que tanta forza da ao noso respecto pola nosa lingua.
De seguido podedes ver @s participantes que colaboran coa actividade.  Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!! 







26/9/17

PARA XOGAR COS PEQUENOS E PEQUENAS NA CASA...

Para rematar setembro propoñemos unha actividade para xogar en familia cos dedos da man, e ir comenzando  dende casa, o traballo do noso proxecto documental integrado (PDI) sobre o MAR. Preme na imaxe

ESTE FOI Ó MAR

25/9/17

TABOLEIRO DA LINGUA. SETEMBRO

Continuamos un ano máis co noso TABOLEIRO DA LINGUA, este curso ademáis de expoñer os traballos que realicen os alumnos e alumnas do cole, cada mes un barquiño de papel traeranos un refrán referido a cada mes do ano.
Así que en SETEMBRO...

"o que queira boa vendima facer, 
que se poña en setembro a recoller"










18/9/17

TODOS SOMOS CAPITÁNS...

Estreamos este curso 2017/2018 cheo de propósitos, soños e novas ilusións. Un novo curso no que nos deixaremos levar polas ondas do mar. Este ano o Proxecto Documental Integrado (PDI), estará centrado no MAR... así que neste curso, TODOS SOMOS CAPITÁNS...



23/6/17

XUÑO

E para rematar...e  non vos olvidedes de seguir aprendendo en galego durante o verán, propoñemos a lectura en galego. Se premedes na imaxe podedes descargar un catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2017. Este catálogo publicado por Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, contén máis de 100 títulos en galego no mercado internacional.


Bo verán!!!

12/5/17

CORRELINGUA

Hoxe o noso alumnado de 1º, 3º e 4º asistíu a 6ª edición de Correlingua, unha proposta de carácter lúdico-educativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito a medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma. 




Nesta edición puidemos disfrutar dun concerto de Pablo Díaz... Tic, tac...Toc,toc...Tic,tac,toc...






TABOLEIRO DA LINGUA

No corredor da entrada do cole podemos atopar unha exposición de casteis no Taboleiro da Lingua sobre a vida e obra do homenaxeado nas Letras Galegas este ano 2017, Carlos Casares.