23/12/18

O GALEGO NAS NOSAS MANS: ALMANAQUES DE PETO 2019




Dende o  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, queremos dar as grazas a todo o alumnado e aos titores e titoras, polo seu esforzo para levar a cabo a iniciativa Almanaques de Peto 2019, que está integrada no noso proxecto O GALEGO NAS NOSAS MANS 
Este ano o tema estivo vinculado a BO PROVEITO e cada un de vos, fixo un debuxo inspirado na alimentación saudable, destacando o importante que é comer ben.
De todos eses fantásticos traballos, tivemos que elixir só 14 representantes de todo o colexio e cuxos deseños están xa nos almanaques do 2019. Pero estade seguros e seguras de que todos e todas sodes gañadores deste gran concurso e de que o mellor premio é que fomos capaces de traballar en equipo a prol da nosa lingua. 
Non vos esquezades nunca de que o galego estas nas nosas mans e xa vos anuncio de que pronto faremos un libro con todos os traballos que repousara na Biblioteca.

Parabéns !!!

                                                       GAÑADORES E GAÑADORAS                                                      
Samuel López Castro 6ºA EI
Clara Piñeiro Chao 6ºB EI


Eva Calvo García 1ºA EP

Lois López Martínez 1ºB EP

Leo López Feal 2ºA EP

Mara Amenedo González 2ºB EP

Martina Casás Calvo 3ºA EP

Sara Piñeiro Ares 3ºB EP 

Jaime Vázquez Castro 4ºA EP

Miguel Couce Sanmartín 4ºB EP

Cristina Piñeiro Chao 5ºA EP

Ángel Seara Gómez 5ºB EP

Andrea Doval Calvo 6ºA EP

Rawyae Ben Malak 6ºB EP
Gañador@s e finalistas do concurso ALMANAQUES DE PETO 2019










15/12/18

AGASALLOS PARA NADAL 2018

 Este Nadal o Equipo de Biblioteca do Couceiro, presenta uns libros fantásticos para agasallar, que non deixan indiferente a ninguén pola súa variedade temática. Anímate e le sen parar, porque lendo non terás faltas de ortografía, ampliarás o teu vocabulario e sobre todo aprenderás a ter un mundo persoal co que vivir mais content@.
Tamén o Equipo de Dinamización,  compartimos os agasallos que presenta a Mesa pola Normalización e que, como cada ano, recolle diferentes agasallos en galego que en moitos casos utilizan materiais ecolóxicos.

Agasalla en galego, porque o GALEGO ESTÁ NAS TÚAS MANS!!!



Preme na imaxe

NADAL 2018 :O APALPADOR


O APALPADOR

Nas noites do 24 ou do 31 do decembro este home de barba rubia, de oficio carboeiro, que vive nas montañas, baixa as aldeas e cólase nas casas para apalpar as barriguiñas dos máis pequechos e ver si comen ben. Deixalles unha presa de castañas para que non pasen fame e un xoguete artesanal. O apalpador cólase na nosa escola para lembrarnos o valor dos agasallos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura.


Preme no debuxo de Leandro Lamas, para ler as orixes do Apalpador



Seguidamente presentamos cantigas e recursos educativos, para que teñas presente a este personaxe tan importante da nosa cultura en estas datas de Nadal.
 Non te asustes se te toca a barriguiña para ver se tes fame!!!

 


Resultado de imaxes para LIM o apalpador



Imaxe relacionada


Imaxe relacionada

Resultado de imaxes para debuxos do apalpador

Resultado de imaxes para debuxos do apalpador





PRATO DO MES DE DECEMBRO NO TABOLEIRO DA LINGUA


No Taboleiro da Lingua xa o BO PROVEITO conta cunha nova proposta culinaria da tempada, elaborada para este mes de Decembro por 4º de Primaria. Trátase da Lasaña de Cogomelos e cunha sobremesa de Nevadiños. Tentade facer esta proposta tan interesante que de seguro sorprenderá a todo o mundo.
Ánimo e seguide apostando por unha cociña saudable feita con moitas cores !!! 

30/11/18

O GALEGO NAS TÚAS MANS: ALMANAQUES DE PETO 2019


Éxito total na edición dos Almanaques de Peto 2019 que xa podedes ver no Taboleiro da Lingua, corredor principal do colexio, e que permanecerá ata o mes de xaneiro 2019.

Esta actividade consistente no deseño dun Almanaque de Peto do 2019 para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes que gañarán esta edición na que se estableceron cambios importantes para acadar que a actividade sumara no logro dos obxectivos que perseguimos no noso Proxecto do Uso do Galego.

Na edición do 2018-2019 establecemos unha convocatoria integradora, co PDI deste curso, adicado á alimentación saudable, que denominamos: BO PROVEITO.

Cada alumn@ fixo un debuxo relativo a esta temática en medio folio, sempre utilizando a nosa lingua en todo o escrito. 

A actividade realizouse no colexio, para garantir a igualdade de oportunidades e tamén se tivo en conta a igualdade de xénero, buscando un  número equivalente de nenos e de nenas.

@s 14 alumn@s que resulten gañadores ou gañadoras dos seis niveis de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil desta convocatoria, recibirán 4 exemplares correspondentes aos seus propios traballos para compartir coas súas familias e recibirán un Diploma de recoñecemento polo seu  traballo. 

A entrega levarase a cabo no  Festival de Nadal 2018.

Parabéns a todo o alumnado pola súa participación e esforzo e grazas @s Titores e Titoras polo seu importante traballo e apoio. 













LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S 2018


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), en colaboración co Equipo de Biblioteca, segue a desenvolver a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, con novos equipos de alumn@s de 5º e 6º de primaria, que se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.

Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!!  O galego está nas vosas mans!!!













PRATO DO MES DE NOVEMBRO NO TABOLEIRO DA LINGUA

No Taboleiro da Lingua xa o BO PROVEITO conta cunha nova proposta culinaria da tempada, elaborada para este mes de Novembro por 5º Primaria. Trátase de Costelas de Porco con Cogomelos e Castañas e de postre Tarta de Mazá. Todos produtos propios de outono. Rico, rico!!!
Parabéns polo voso traballo!!! 







25/11/18

25 de Novembro. Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Hoxe celebramos o 25 de Novembro, data en que conmemoramos o Día Contra a a Violencia de Xénero.
 Desde que se recollen datos relativos ás mulleres vítimas de xénero, foron asasinadas 950 e no que vai do ano 2018, 39 mulleres máis , sen contabilizar aquelas asasinadas fóra das relacións de parella, neste caso o número ascende a 77, por iso este curso, inspirándonos na canción de Rozalén "La Puerta Violeta", colocamos na entrada unha gran porta desa cor. Tamén, con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande para que abra a porta á igualdade e peche a porta da violencia. 
Parabéns a tod@s polo compromiso de erradicar unha lacra social que non debe seguir vixente.






Preme na porta para ver a publicación da Biblioteca do cole

Temos que comprometernos con eliminar os micromachismos, que son fórmulas de violencia cotiá e facer unha educación coeducativa, na escola e na casa, que traballe para que esa violencia tan sutil, que resulta invisible pero que reflicte as actitudes machistas presentes na sociedade, elimine a violencia de xénero. Saber identificalos é fundamental para combatelos.

Dous libros que denuncian a discriminación e os estereotipos que aínda existen, son os de: "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e a ilustradora Nella Bosnia,  que vos deixo aquí. O primeiro nunha divertida versión feita polo CEIP Humberto Juanes de Nigrán, e o segundo feito por voluntari@s contacontos dBiblio do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez Celanova.


11/11/18

DÍA DO PEÓN 2018

RECURSOS   
Aquí vos deixo uns recursos para traballar o Día do Peón, que mañá celebraremos no noso colexio . Pero antes lede o Manifesto do Peón deste ano 2018, feito pola escritora María Lado, premendo a imaxe de Brinquedia.






expopeonmundodeamigos
http://pontenasondas.org/dia-do-peon-8-c7/

Música:


2/11/18

MAGOSTO 2018



A celebración dos magostos é unha das máis antigas tradición galegas. Esta festa coincide coa época da recollida da castaña polo que, entre outros aspectos, ten un carácter de agradecemento da colleita recibida. Pero o magosto tamén ten un simbolismo de festa dedicada aos nosos defuntos, non por nada a súa celebración coincide co mes de Santos.

 Polo San Martiño, no mes de outubro, as castañas xa maduras empezan a abrilos ourizos e a caer ao chan. A estas primeiras castañas en caer chámanlle nalgunhas zonas do interior “as do engazo”, xa que son recollidas co engazo ou angazo. Comeza entón a época dos magostos en Galicia. Esta celebración, cínguese normalmente ás datas comprendidas entre o 1 de novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de novembro, festividade de San Martiño, aínda que tamén se poden celebrar nos días anteriores ou posteriores a estas datas, ou mesmo, dende mediados de outubro ata mediados de novembro.

A etimoloxía da palabra magosto non está clara. Para algúns lingüistas esta denominación viría do latino Magnus-ostus, Magnus Ustus ou Magum Ustum co significado de grande lume, grande queima ou montón queimado, significados todos eles que fan referencia ao significado do lume nesta celebración.

Respecto á orixe desta atiquísima festa, tampouco se sabe a ciencia certa de onde ven, pero parece innegable que existen conexións con outras festas do lume, xa sexan as fogueiras que se facían en Galicia na Noiteboa e no Nadal, ou as celebradas nos días de San Silvestre e de San Xoán.

 No magosto conflúen tres elementos principais: as castañas, o viño e o lume. As veces estas festas acompáñanse doutro tipo de viandas da terra como os chourizos e o pan. Son moitas as crenzas tecidas arredor dos magostos, pois hai quen cre que cada castaña que estoura no lume supón a liberación dunha alma encerrada no purgatorio. En canto ao seu aspecto simbólico, a castaña podería simbolizala inmortalidade, ao ser un froito que provén dunha árbore de longa vida.

No colexio nos vindeiros días faremos as actividades do Magosto, por iso hai que ir preparando o porta-castañas que usaremos, así que aquí vos deixo o que facedes todos os anos cunha caixa de leite, pegando as dúas partes do brick, ao que hai que engadir un cordón para que  poidades colgalo do colo e sexa máis doado para levar as presas das castañas e botar as casca sen problema. 

Ánimo que o facedes nun momentiño!!!

                               

Aquí vos deixo os diferentes tipos de castañas galegas e se premedes na imaxe de máis abaixo, podedes ver o vocabulario galego da castaña

                              http://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-10299.pdf

                        https://picasaweb.google.com/lh/photo/JY2wq6eTLcaSnVBWpFb4ANMTjNZETYmyPJy0liipFm0?feat=directlink

E para rematar un pouco de música. 
Bo Magosto rapaciñ@s!!!!