Desde que se recollen datos relativos ás mulleres vítimas de xénero, foron asasinadas 950 e no que vai do ano 2018, 39 mulleres máis , sen contabilizar aquelas asasinadas fóra das relacións de parella, neste caso o número ascende a 77, por iso este curso, inspirándonos na canción de Rozalén "La Puerta Violeta", colocamos na entrada unha gran porta desa cor. Tamén, con pequenas chaves, fixemos unha chave máis grande para que abra a porta á igualdade e peche a porta da violencia.
Parabéns a tod@s polo compromiso de erradicar unha lacra social que non debe seguir vixente.
Dous libros que denuncian a discriminación e os estereotipos que aínda existen, son os de: "Artur e Clementina" e "Rosa Caramelo" da autora Adela Turín e a ilustradora Nella Bosnia, que vos deixo aquí. O primeiro nunha divertida versión feita polo CEIP Humberto Juanes de Nigrán, e o segundo feito por voluntari@s contacontos da Biblio do CEIP Plurilingüe Curros Enríquez Celanova.
No hay comentarios:
Publicar un comentario