15/11/14

FESTAS DE OUTONO!

Como cada ano, no cole, damos a benvida ao outono celebrando por todo o alto as festas típicas destas datas: samaín, magosto e día do peón.
Como fondo da nosa exposición de Samaín luciron as cabazas refraneiras das nenas e nenos de 4º. Vede que chulas quedaron!








.

Case foi un Magosto de "verán", vai calor que ía!


Non foi así no Día do Peón pois o tempo non deixou que o celebrasemos no patio exterior coa compaña das nosas familia. Pero vede o equipo de axudantes do primeiro trimestre o entregados que estiveron na preparación dos peóns e na decoración do mural. Moi ben por eles e polos pequenos de 1º e 2º de primaria que decoraron os peóns!.

8/11/14

LEMOS AOS PEQUENOS!

Desde o mes de outubro nenas e nenos de 5º e 6º están participando na lectura de contos en galego aos peques do cole e aos compis de 1º, durante a hora de lectura dos xoves. Para as rapazas e rapaces de 5º é a primeira vez e empezaron un pouco nerviosos pero... co paso dos días fóronse afianzando e agora xa dramatizan os contos e incluso elaboran as personaxes dos mesmos. Os maiores xa como veteranos reforzan a súa experiencia. Parabéns a todos polo voso esforzo e dedicación. Aquí os tedes en acción:





25/10/14

O GALEGO, NAS NOSAS MANS!

Este curso, desde o Equipo de Dinamización Lingüística, decidimos comezar "dinamizando" aos nenos e nenas do cole.

O primeiro paso foi a proposta de creación dun grupo de "axudantes" que, xunto cos mestres deste equipo, traballemos a prol da nosa lingua: axudando a decorar o cole nas datas especiais para a nosa cultura, colocando traballos no taboleiro da lingua, animando á participación dos compis e sobre todo... falando galego.
Cada nivel desde 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria recibe unha invitación a colaborar e anótanse voluntarios neste folio. O resultado aquí o tedes:




















GRAZAS A TODOS POLO VOSO INTERESE E PARTICIPACIÓN.

O segundo paso propúxose ás rapazas e rapaces de 5º e 6º e consistíu en idear un logo e un nome para este grupo comprometido, que en cada trimestre e seguro que ao longo do vindeiro curso, rotará na colaboración das tarefas nomeadas anteriormente. Esta proposta tamén tivo unha grande acollida e a participación foi masiva. Aquí tedes unha mostra e aínda que o deseño escollido foi o de Carolina Paniagua de sexto curso, dicir que todos serían merecentes de lucir no medallón que colgarán os axudantes deste gran equipo así coma os lectores de 5º e 6º na hora do conto aos máis pequenos do cole:

1/3/13

ANO DE ROSALÍA DE CASTRO. CANTARES GALLEGOS

A ASOCIACIÓN DE ESCRITORAS E ESCRITORES EN LINGUA GALEGA está a promover a difusión desta data e este ano quixeron traballar na lectura colectiva de "CANTARES GALLEGOS". Nós desde o noso centro, realizamos a gravación do recitado do seu poema universal CAMPANAS DE BASTABALES que foi remitido á citada asociación para formar parte, xunto con moitos outros centros de galicia deste traballo colaborativo de lectura colectiva.
Para saber máis sobre ROSALÍA (Premede nas imaxes da escritora), podemos traballar na unidade didáctica elaborada por Cristina Corral e compartida no blog "OS POEMAS DO RÍO", e a presentación realizada por RAIOTECA do CEIP de ANDRADE. Grazas polo traballo colaborativo de tan estupendos traballos.

                                                                                                 EQUIPO DE BIBLIOTECA