Este curso, desde o Equipo de Dinamización Lingüística, decidimos comezar "dinamizando" aos nenos e nenas do cole.
O primeiro paso foi a proposta de creación dun grupo de "axudantes" que, xunto cos mestres deste equipo, traballemos a prol da nosa lingua: axudando a decorar o cole nas datas especiais para a nosa cultura, colocando traballos no taboleiro da lingua, animando á participación dos compis e sobre todo... falando galego.
Cada nivel desde 6º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria recibe unha invitación a colaborar e anótanse voluntarios neste folio. O resultado aquí o tedes:
GRAZAS A TODOS POLO VOSO INTERESE E PARTICIPACIÓN.
O segundo paso propúxose ás rapazas e rapaces de 5º e 6º e consistíu en idear un logo e un nome para este grupo comprometido, que en cada trimestre e seguro que ao longo do vindeiro curso, rotará na colaboración das tarefas nomeadas anteriormente. Esta proposta tamén tivo unha grande acollida e a participación foi masiva. Aquí tedes unha mostra e aínda que o deseño escollido foi o de Carolina Paniagua de sexto curso, dicir que todos serían merecentes de lucir no medallón que colgarán os axudantes deste gran equipo así coma os lectores de 5º e 6º na hora do conto aos máis pequenos do cole:
No hay comentarios:
Publicar un comentario