No Couceiro, puxemos rumbo a unha galaxia máis igualitaria vinculando a conmemoración do 25N co noso PDI anual Couceiro Star: unha escola entre estrelas.
O alumnado de todo o centro elaborou un mural colectivo para dar visibilidade ás mulleres que deixaron a súa pegada na ciencia, na astronomía e na exploración espacial.
Unha constelación de referentes femininos que nos inspira a romper estereotipos, superar barreiras e educar en igualdade.
Porque a nosa misión máis importante é construír un futuro libre de violencia, no que todas as persoas teñan as mesmas oportunidades.
Que ningunha nena deixe de soñar por pensar que as estrelas non están ao seu alcance.
No hay comentarios:
Publicar un comentario