Comezamos cos vídeos do Magosto, Samaín e Peón, que resumen o traballo elaborado en cada unha das aulas do centro. Para isto, dividimos o traballo en ciclos: en Educación Infantil elaboraron uns cadernos con ilustracións sobre o peón (3 anos), o Outono (4 anos) e os nenos e nenas de 5 anos fixeron un debuxo sobre un conto de medo. No primeiro ciclo de Educación Primaria traballaron sobre refráns e ditos relacionados co peón. O segundo ciclo sobre a tradición e orixe do Magosto, e os alumnos e alumnas do terceiro ciclo elaboraron contos de medo. Todo este material quedará recollido na Biblioteca do centro e estará a disposición do alumnado.
Deixamos uns vídeos para que vexades o resultado.
Agardamos que vos guste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario