Despois, os nenos e nenas de 6ºB leron o seu manifesto do Día da Paz, que foi o seguinte:
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- Queres unha vida en Paz? Escoita, observa e loita por ela
- O esencial é a Paz Mundial
- Seguindo a pomba o entendemento nacerá, e os pobos do mundo a Paz atoparán.
- Máis vale unha Paz relativa que unha guerra gañada.
- O decisivo para traer a Paz ao mundo é a nosa conducta diaria
- Ou camiñamos todos xuntos cara a Paz, ou nunca a atoparemos
- Máis vale unha Paz desventaxosa que unha guerra xusta
- Non basta con falar da Paz, un debe crer nela e traballar para conseguila
- Nunca comeces una pelexa, pero sempre remátaa
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- A Paz é o obxectivo, o amor o medio para chegar a ela
- Non deixes que morra o Sol sen que morran os teus rencores
- A primeira condición para a Paz é a vontade de lograla
- A Paz non se atopa, constrúese
- Nunca houbo unha boa guerra nin unha mala Paz
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
- Se queres facer a Paz non fales cos teus amigos, fala cos teus inimigos
- Para ser solidario cos demais non só basta coas palabras senón tamén cos feitos
- Estar en Paz consigo mesmo é o medio máis seguro de comezar a estar cos demáis
- Os homes construímos muros, e non suficientes pontes
- O respeto a dereito alleo é a Paz
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
Axiña chegou o momento de bailar, polo que nos preparamos facendo unha rolda mesturando cursos. Foi moi divertido!!
Para rematar a celebración, fixemos unha ceiba de pombas que nos deixou abraiados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario