15/11/22

TABOLEIRO DE LINGUA: OUTONO, SAMAÍN, MAGOSTO E PEÓN.

Despois dun tempo no que o Coronavirus tivo as paredes do noso cole practicamente baleiras, retomamos a funcionalidade destas para amosar o ben que traballa o noso alumnado as diferentes propostas ao longo do curso. Para isto temos o TABOLEIRO DA LINGUA, un lugar específico no corredor principal do centro no que locen todas as nosas investigacións. Este ano quixemos darlle unha ambientación relacionada co PDI de centro "Couceiristas polo mundo" e plasmamos a visión satelital desde o planeta terra ata ir achegándonos a nosa Galicia e ao mesmo tempo damos a benvida a todos en diferentes idiomas.

Iniciamos este primeiro trimestre cunha exposición relacionada coas celebracións máis importantes destes meses. Observade como pouquiño a pouco este espazo se vai enchendo de cousas super interesantes.

O alumnado de infantil amósanos... O OUTONO!!.




Achegándonos xa á celebración do SAMAÍN foi o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria o encargado de investigar sobre esta festa nas diferentes partes do mundo. Con toda a información que recompilaron, elaboraron este xeitoso mural sobre un mapa mundi.

Os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria foron os encargados de abrirnos o apetito amosándonos a importancia do froito estrela do outono A CASTAÑA. Así non deixaron pasar a ocasión de ensinarnos a producción da mesma ao longo do mundo e o diverso uso culinario que se fai delas por todo o planeta.

E para animarnos este trimestre o alumnado de 1º e 2º de primaria elaboraron estas fermosos e orixinais PEÓNS nos que plasmaron diferentes refráns e cantigas populares que animan este tradicional xogo galego.

FABULOSO TRABALLO DE TODO O ALUMNADO!!
PARABÉNS!!

25/10/22

BENVIDO UN NOVO CURSO, BENVIDO OUTONO!!

Iniciamos unha nova andaina, un curso máis, desde o blog de Dinamización Lingüística. Xunto co blog da Biblioteca queremos amosar todo o traballo da nosa comunidade educativa a prol da lingua galega.

Son os máis pequerrechos e pequerrechas do cole os que nos dan a benvida coa nova estación, decorando o corredor de infantil con motivos propios desta época do ano. Nesta ocasión foron moi orixinais con estes BANDERÍNS.

Os nenos e nenas de 3 anos decoraron follas de outono sobre fondo de xornais. O alumnado das aulas de 4 anos reciclaron as contraportadas dos blocks de cartolina e fixeron estes graciosos ourizos e esquíos e as nenas e nenos de 5 anos montaron estas orixinais mazarocas de millo.

Aquí tedes unha mostra do seu traballo. 

CHULÍSIMO DE VERDADE!!

13/6/22

REVISTA ABRENTE

 Como cada ano, sae á luz a Revista Abrente na súa 41 edición, con moitas das actividades que se levaron a cabo durante este curso nas diferentes aulas, centradas na temática do PDI, que leva por título + Arte ( e é que hai moitas formas de traballar a arte: con roupa, mediante obras de teatro, lectura, poesía, arquitectura...). Tamén se centra esta edición da revista nas diferentes conmemoracións que tiveron lugar ao longo deste ano ( Día da Paz, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, Día Internacional da muller...), así como as actividades que se levaron a cabo polos diferentes especialistas do centro (Departamento de Orientación, Inglés, Educación Física...).

Vémonos para o curso que vén con máis actividades interesantes.

Agardamos que vos guste!

Feliz Verán!

REVISTA ABRENTE

17/6/21

REVISTA ABRENTE

Aquí vos deixamos a Revista Abrente, con moitas das actividades do PDI deste curso, que leva por título: "Pontedeume, a nosa vila", e  algunhas conmemoracións que se levaron a cabo ao longo deste ano.

Agardamos que vos guste!

Vémonos o curso que vén con máis propostas!

Feliz Verán!

 


22/12/20

ALMANAQUES DE PETO

A temática dos almanaques de peto para este curso foi "Pontedeume: a nosa vila". Participaron tódolos alumnos e alumnas de Educación Primaria, e o alumnado de 6º de EI. O resultado non poido ser máis bonito.
Compartimos unhas fotos dos almanaques e do alumnado gañador. Ademáis, con todos os debuxos fixemos varios libros que quedarán para o fondo da Biblioteca de Güino.
Desde o Blog A Casqueira agardamos que pasedes unhas Boas Festas.