6/4/18

DÍA DA POESÍA E DO TEATRO 2018

O Día do Teatro e da Poesía 2018, celebrámolo cun festival coa representación das obras: “O Momento Perfecto”  de Susanna Isern, posta en escena por 2º A, que trata da xenerosidade, do agradecemento e da amizade, e  a de Chus Pereiro "Ai Mamasiña, que Medo!", que representou o alumnado de 5º.
Houbo tamén un recitado de poesías de  Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Narrativa Infantil e Xuvenil 2017,  do seu libro “POEMAR O MAR”, que levou a cabo o alumnado de 3º e 4º , que estivo a traballar esta obra, conxuntamente co autor, o pasado día 19 de marzo na nosa Biblioteca "Xardín do Pasatempo" 
Para finalizar cantamos e bailamos a canción de "Catro Vellos Mariñeiros".
Parabéns a todos e a todas!!!

.                              








 

5/4/18

ÁLBUM BILINGÜE GALEGO-ENGLISH

Como cada curso continuamos co proxecto de colaboración entre o inglés e a nosa lingua en Educación Primaria, mediante a actividade de crear un álbum bilingüe entre ámbalas dúas.

O tema foi o Mar, seguindo o PDI que estamos desenvolvendo este curso, e todo o alumnado traballou arreo para conseguir os cromos e buscar os nomes de cada animal mariño, en inglés e en galego.

http://handmadecofre.blogspot.com.es/2018/02/bilingual-album-2018.html
                                      PREME A IMAXE
O Premio que recolleron os equipos máis adiantados e que conseguiron rematar antes o álbum, consistiu nun libro en inglés para a biblioteca de aula de cada nivel. Fantástico premio que podemos gozar todos e todas.
Parabéns ao equipo de English!!!


PARABÉNS  CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!















2/4/18

TABOLEIRO DA LINGUA. ABRIL 2018

En abril...

"ABRIL, ABRILÓN, AUGA POR UN TUBO
E PODE QUE TREBÓN"



CONTOS PARA PENSAR

Para que empecedes con enerxía, despois das vacacións, aquí vos deixamos unhos contos que vos axudarán a pensar.

  

Neste conto a avoa prepara para as súas netas unha sorpresa na bodega: pan con mel. As tres netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas e atopan:"O Papón" que é un popular «comenenos»: xigante, cabezón, aspecto bruto e gran voracidade, que papa os nenos enteiros e sen mastigar.


 No conto de "Maruxa", vemos como ela cosía, varría e labraba, mentres que Pepiño cantaba, folgaba e durmía...Ela consegue que el entenda que traballo e lecer deben ser cousa de dous. Maruxa e Pepiño discuten cando el lle pide a ela que faga pan. Ela négase, porque faltan os ingredientes e pídelle que el os vaia buscar, un por un. Cando Maruxa ten xa todo a man, di que está cansa, e será el quen tamén teña que amasar o pan.



O Rato Tom foi visitar a Tomasa pero caeu redondo no bidón. Tomasa vestiuse de loito e pechou a casa e contoulle a súa pena á cociñeira e a cociñeira á ola e a ola á fonte… Ata o ceo entristeceu coa nova, mais ao final, algo insólito aconteceu… e todos recuperaron a alegría.

7/3/18

8 DE MARZO 2018 DIA DA MULLER


Co obxectivo de visibilizar o papel da muller, a súa contribución á economía do mar e o seu valor no traballo que desenvolveron ao longo dos séculos, este ano facemos unha homenaxe ás mulleres do mar, seguindo co noso proxecto (PDI) O MAR
A Biblioteca do noso cole fixo un traballo moi interesante co alumnado de 5º e 6º, que continuará coa participación do resto dos niveis e que podedes consultar premendo a imaxe do mural que  podedes visitar no corredor
Queremos aproveitar esta ocasión para destacar unha exposición impulsada pola Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, o Campus do Mar e a Deputación de Pontevedra: ‘Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar’ que está composta por diferentes paneis nos que se van amosando imaxes de traballadoras da salga e da conserva, mariscadoras, redeiras, regateiras, traballadoras das descargas, transporte e venda... "mulleres invisibles e invisibilizadas, cuxo traballo foi e segue a ser fundamental para a sustentabilidade do mar”. A directora do proxecto, é a profesora María Álvarez Lires .

Tamén A colección Historia das Mulleres en Galicia, coordinada pola catedrática de Historia Moderna da Universidade de Compostela (USC), Ofelia Rey Castelao, que ten como obxetivo cubrir un baleiro historiográfico: o referido á traxectoria histórica das mulleres galegas desde que hai rastros arqueolóxicos ou escritos ata os nosos días.

Non deixedes de investigar e coñecer a realidade de moitas mulleres que traballan arreo . Tan só tedes que mirar a todas as que están preto de vos.


  Preme a imaxe (Bibliocouceiro)



 Preme a imaxe (Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo)



    Preme a imaxe( Secretaría Xeral de Igualdade)


Aquí podedes consultar a historia do DIA DA MULLER (castelán)

24/2/18

CELEBRANDO O DIA DE ROSALIA


Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg

Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, foi unha escritora e poeta galega, considerada a máis ilustre figura da lírica moderna e unha das máis altas da poesía española do século XIX e a principal responsable do Rexurdimento galego decimonónico, xunto a Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos. A súa figura e as súas creacións literarias foron obxecto dunha abondosa bibliografía e recibiron unha constante atención crítica, tanto no territorio galego coma no estranxeiro.

Onte celebramos no noso colexio un recordatorio da súa obra, facendo actividades de lectura e interpretación en Educación Infantil e Primaria, para que no nos esquezamos da importancia desta escritora que esta viva na nosa cultura e nos nosos corazóns.



2/2/18

ENTROIDO 2018

O ENTERRO DO ENTROIDO

A comitiva fúnebre do Entroido, percorreu o patio do noso colexio entre os choros dos nenos e nenas que tanto estimaban ao finado e que lle foron cantando "Xa morreu, xa morreu, dunha inxente que comeu, non chorar, non chorar que o imos enterrar". E así rematou o carnaval 2018. Xa estamos preparándonos para o próximo.










O FESTIVAL DO ENTROIDO

O Entroido é unha festa que ten unha orixe moi antiga que nos leva ata as festas gregas celebradas en honor do deus Dionisos, ou as Lupercales romanas. Hai historiadores que as levan máis lonxe aínda no tempo, ata a antiga Sumeria ou Exipto, pero o certo é que o Entroido recolle tamén aspectos de outras culturas europeas da antigüidade como a dos celtas. Suponse que constitúen a supervivencia das antigas festas agrarias de entrada na Primavera e o comezo de ano, que coincidía co fin do inverno.
En Galicia O Entroido, tamén chamado Antroido ou Introido, entre outras denominacións, é unha celebración de longa tradición popular, e aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon, outros están en proceso de recuperación. 
Nos colexios traballamos para que non se perdan as nosas tradicións.

    

Preme na imaxe (Xunta de Galicia)
http://museodopobo.gal/web/uploads/file/Entroido.pdf

Preme na imaxe (Museo do Pobo Galego)







OS MANDADIÑOS DE "MANOLO"

  E con este Mandadiño "Manolo" remata por este ano. Saudiños!!!! No hay texto alternativo automático disponible.

O terceiro Mandadiño
No hay texto alternativo automático disponible.

Aquí vos vai o segundo Mandadiño

No hay texto alternativo automático disponible.

O esqueleto Manolo xa fixo a súa aparición
 para inaugurar o entroido 2018 co primeiro 
dos mandadiños.
Recordade que o LUNS...



DIA DA PAZ 2018


"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".
 - Mahatma Ghandi - 

O 30 de xaneiro celébrase un día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
Neste día é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por os dereitos humanos, a non violencia e paz, son motivos para recordar o 30 de xaneiro, día en que as escolas comprometémonos como defensoras da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.

Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo do baile da Paz que fixemos no patio do colexio, nun día tan importante para toda a humanidade, e que traballamos cunhas fitas de cores e mensaxes escritos por todo o alumnado, coas que fixemos dúas bandeiras de pregarias tibetanas. 
Para rematar a actividade, e como cada ano,  ceibamos as pombas mensaxeiras que sempre achega ao colexio a profesora Sabela.
Houbo moitas apertas e bicos de Paz, que desexamos se manteñan sempre.