30/11/18

O GALEGO NAS TÚAS MANS: ALMANAQUES DE PETO 2019


Éxito total na edición dos Almanaques de Peto 2019 que xa podedes ver no Taboleiro da Lingua, corredor principal do colexio, e que permanecerá ata o mes de xaneiro 2019.

Esta actividade consistente no deseño dun Almanaque de Peto do 2019 para repartir a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do colexio, foi valorada polo EDLG para a elección dos representantes que gañarán esta edición na que se estableceron cambios importantes para acadar que a actividade sumara no logro dos obxectivos que perseguimos no noso Proxecto do Uso do Galego.

Na edición do 2018-2019 establecemos unha convocatoria integradora, co PDI deste curso, adicado á alimentación saudable, que denominamos: BO PROVEITO.

Cada alumn@ fixo un debuxo relativo a esta temática en medio folio, sempre utilizando a nosa lingua en todo o escrito. 

A actividade realizouse no colexio, para garantir a igualdade de oportunidades e tamén se tivo en conta a igualdade de xénero, buscando un  número equivalente de nenos e de nenas.

@s 14 alumn@s que resulten gañadores ou gañadoras dos seis niveis de Educación Primaria e 6º de Educación Infantil desta convocatoria, recibirán 4 exemplares correspondentes aos seus propios traballos para compartir coas súas familias e recibirán un Diploma de recoñecemento polo seu  traballo. 

A entrega levarase a cabo no  Festival de Nadal 2018.

Parabéns a todo o alumnado pola súa participación e esforzo e grazas @s Titores e Titoras polo seu importante traballo e apoio. 













No hay comentarios:

Publicar un comentario