28/10/18

SAMAÍN 2018



Resultado de imaxes para mandalas de samaínA noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.

OUTONOChega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns habitantes de Galicia e un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e das cabazas e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Resultado de imaxes para mandalas de samaín
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Segue lendo para coñecer a historia do Samaín.

Resultado de imagen de mandalas de samaínResultado de imaxes para mandalas do samaín para colorearResultado de imaxes para mandalas do samaín para colorear
HISTORIA DO SAMAÍN
Na noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".

Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar alimentos para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza".

Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar.

Como apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

A LENDA DA CABAZA
Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.
                                            

Aquí vos deixamos  xogos, cancións e contos para que celebredes o Samaín. Non deixedes de ver máis abaixo, porque tedes que traer unha lanterna para a LECTURA ÁS ESCURAS


  Mandalas de Samaín para colorear

Preme na cabaza
https://www.google.com/search?q=manadalas+de+samain+para+colorear&rlz=1I7GGLD_es&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ved=2ahUKEwiU28e776neAhVGzaQKHdIXB4sQsAR6BAgGEAE&biw=1920&bih=889                                                                     
Resultado de imagen de DEBUXOS PARA O SAMAIN




                              


                                                                 Resultado de imaxes para lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

26/10/18

LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S 2018


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), segue a desenvolver a actividade LEMOS @S MÁIS PEQUEN@S, na que @s alumno@s de 5º e 6º de primaria, se achegan a ler contos en galego aos de educación infantil e 1º de educación primaria.
Este ano a novidade é que a lectura se fai os venres e o pasado 19 de outubro tivo lugar a primeira sesión, coincidindo coa hora de lectura. 
O noso obxectivo é favorecer un achegamento entre @s máis nov@s e @s maiores do noso colexio, que aportan a súa experiencia na lectura comprensiva e as súas vivencias e goce cun bo libro escrito en galego.
Coma en anteriores anos, os nenos e nenas colaboradoras, levarán un medallón co lema O GALEGO NAS NOSAS MANS, que tanta forza da a este proxecto, a prol da nosa lingua, que facemos en colaboración co Equipo de Biblioteca.

Grazas a tod@s polo voso esforzo!!!!  O galego está nas vosas mans!!!






                                             O GALEGO NAS NOSAS MANS 





17/10/18

O PRATO DO MES DE OUTUBRO NO TABOLEIRO DA LINGUA


Durante este curso no Taboleiro da Lingua estamos moi comellóns e comellonas, pois aproveitando que o PDI deste ano é  BO PROVEITO, cada nivel de Educación Primaria e de Infantil, elaborará libremente una proposta culinaria relacionada coa nosa contorna e as tradicións típicas da tempada en Galicia. Os escritos faranse na nosa lingua e a asignación por meses será a seguinte: 
  • Outubro: 6º Primaria
  • Novembro: 5º Primaria
  • Decembro: 4º Primaria
  • Xaneiro: 3º Primaria
  • Febreiro: 2º Primaria
  • Marzo: 1º Primaria
  • Abril: 6º Infantil
  • Maio: 5º Infantil
  • Xuño:4º Infantil

Así que xa temos o PRATO DO MES DE OUTUBRO que nos compartiron @s de sexto e que xa estamos desexando facer na casa: "Segredo de Porco con Castañas". 
Lede a receita e animádevos a cociñar.
 Bo Proveito e Parabéns rapaciñ@s!!!







1/10/18

BO PROVEITO: TRABALLANDO UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Este curso o Proxecto Documental Integrado que traballaremos no noso colexio, é sobre a alimentación saudable e o denominamos: BO PROVEITO , así que dende o EDLG vamos a colaborar co Profesorado de Educación Primaria e Infantil, para facer mensualmente uns menús axeitados para cada estación, que leven produtos bos para a saúde e que respecten a pirámide dos alimentos e integren receitas tradicionais da nosa terra.
No mes de outubro van comezar @s alumn@s de 6º poñendo mantel e prato con ricas viandas. Mentres ide vendo a horta de Balbina que é moi singular, porque alí medran vitaminas de forma natural




Resultado de imagen de a piramide dos alimentos