30/5/19

BO PROVEITO!: REMATAMOS "O PRATO DO MES"


Próximos a rematar o curso, chéganos o arrecendo de pratos deliciosos "cociñados" polos nenos e nenas de Infantil. Tal é o caso da "Pescada con Patacas Cocidas" que fixeron @s de cinco anos.
Os "Pementos fritidos" do mes de Maio feitos por 5º de Infantil, están para comelos.
E as "Sardiñas Asadas" dos de 3 anos para xuño, cheiran que arrecenden!!
Deste  xeito, rematamos a iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega como parte do PDI BO PROVEITO!, andaina que comezamos  no mes de outubro co alumnado de 6º de Educación Primaria e que rematamos con 4º de Educación Infantil. 
Este logro foi posible, grazas ao apoio dos  titores e titoras de tódolos cursos que mensualmente fixeron uns menús axeitados para cada estación, con produtos bos para a saúde e que respectan a pirámide dos alimentos e integran receitas tradicionais da nosa terra. 
Parabéns!!


18/5/19

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: "A CELEBRACIÓN"

Onte 16 de maio, celebramos no colexio o Día das Letras Galegas, cunha xornada chea de actividades que nos fixeron reflexionar sobre a importancia do galego nas nosas vidas, a través da figura destacada neste 2019: Antón Fraguas.

O Taboleiro da Lingua, servíu para resaltar a este persoeiro tan importante para a nosa terra, a quen agasallamos facendo numerosos debuxos dos seus retratos e da súa obra.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, desenvolveu, a actividade "Madriñas e Padriños Lectores" na que participou todo o alumnado do colexio, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, coa colaboración do profesorado e, de maneira especial, do Equipo de Biblioteca do centro e dos titores e titoras. O resultado foi fantástico!!  
Xa na nosa biblioteca escolar, contamos con libros de Antón Fraguas, como o "Cantigueiro de Cotovade", que estaremos a traballar durante todo o curso.


O patio e os corredores do colexio, convertéronse en lugares axeitados para ler en galego. Velaí o resultado!

A celebración das Letras Galegas, estivo chea de sorpresas e chegou o momento dos premios do "XI Certame de Poesía Couceiro Freijomil", que tanto traballamos nas aulas e que este curso foi adicado ao Proxecto Documental Integrado elixido: BO PROVEITO!
O nivel foi moi alto e o xurado do Equipo de Biblioteca, tivo moi difícil elixir @s gañador@s entre os finalistas seleccionados.

Tamén o traballo dos grupos para rematar o Álbum Bilingüe, organizado polas especialistas de inglés e feito en inglés e galego, tivo a súa recompensa para tódolos niveis de Infantil e Primaria.
Os agasallos que recibiron, compártense entre tod@s na clase, así que foi unha festa para todos e todas as participantes.
Finalmente rematamos bailando a muiñeira, seguindo @s compañeir@s que participaron nun "Mar de Muiñeiras" en Navantia. Quedou xenial! 
Vivan as Letras Galegas!!!!
 

8/5/19

LETRAS GALEGAS 2019

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Couceiro Freijomil, vamos desenvolver na semana das Letras Galegas, a actividade "Madriñas e Padriños Lectores" no que intervirá todo o alumnado do colexio, tanto de Educación Infantil como de Educación Primaria, coa colaboración do profesorado e, de maneira especial, do Equipo de Biblioteca do centro.
O obxectivo é valorizar a nosa lingua, mediante a lectura de obras en galego, especialmente do autor homenaxeado no 2019, Antonio Fraguas.
Seguidamente vos compartimos importante documentación para traballar na aula ou na casa, que vos axudará a comprender a inmensa figura deste home sinxelo e tan grande á vez: escritor, historiador, profesor, etnógrafo e antropólogo, que traballou toda a súa vida por Galicia.



Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.
En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. 
Outros cargos que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.
Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamizar o patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación futura da memoria de Galicia”. Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.
Leva o seu nome o IES Antón Fraguas de Santiago de Compostela, así como rúas en varias cidades e vilas.
Clica para diminuír
Antonio Fraguas na inauguración do Museo do Pobo Galego

Preme na imaxe do Portal da Lingua Galega. Equipos de Dinamización.

http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas


Preme na imaxe e podes acceder a documentos, unidades didácticas e fotos no Seminario Galán, para traballar na Semana das Letras Galegas.

http://seminariogalan.org/inicio/portada

Tamén podes atopar moito material relativo a Antonio Fraguas na Primavera das Letras da Real Academia Galega, premendo na imaxe
http://primaveradasletras.gal/antonio-fraguas/