26/9/17

PARA XOGAR COS PEQUENOS E PEQUENAS NA CASA...

Para rematar setembro propoñemos unha actividade para xogar en familia cos dedos da man, e ir comenzando  dende casa, o traballo do noso proxecto documental integrado (PDI) sobre o MAR. Preme na imaxe

ESTE FOI Ó MAR

25/9/17

TABOLEIRO DA LINGUA. SETEMBRO

Continuamos un ano máis co noso TABOLEIRO DA LINGUA, este curso ademáis de expoñer os traballos que realicen os alumnos e alumnas do cole, cada mes un barquiño de papel traeranos un refrán referido a cada mes do ano.
Así que en SETEMBRO...

"o que queira boa vendima facer, 
que se poña en setembro a recoller"










18/9/17

TODOS SOMOS CAPITÁNS...

Estreamos este curso 2017/2018 cheo de propósitos, soños e novas ilusións. Un novo curso no que nos deixaremos levar polas ondas do mar. Este ano o Proxecto Documental Integrado (PDI), estará centrado no MAR... así que neste curso, TODOS SOMOS CAPITÁNS...