21/6/18

ESTAMOS NO VERÁN!! LE, CANTA E BAILA

E ata aquí chega o final do curso pero comeza un merecido descanso para o noso alumnado. Para todas elas e todos eles propoñemos un comezo de verán moi musical, aproveitando as lecturas que propón Güino .
 Vémonos en setembro!!!


20/6/18

San Xoán

A noite de san Xoán é unha das festas máis importantes en Galicia. É de tradición acender cacharelas e facer xantares populares onde as sardiñas, os cachelos con pela e a broa de millo son as protagonistas.

Moitos ritos de carácter máxico ou supersticioso asócianse a esta tradición: saltar as fogueiras, pór un ramo de herbas de san Xoán nas portas da casa coa finalidade de protexerse das meigas, lavarse ao amencer en mananciais ou con auga de rosas etc.

O ritual co que máis se identifica a noite de san Xoán son as fogueiras que se prenden na tarde-noite do día 23, tamén chamadas cacharelas, cachadas, cachelas ou lumeiradas.

Como aperitivo do verán que se aproxima disfrutade desta canción de Pablo Díaz e Olga Kirk No san Xoán







15/6/18

CANCIÓNS DO MAR

Para animar os pouquiños días que quedan para rematar o curso, mostrámos unha recopilación de canción relaciondas co PDI O MAR. Só temos que escoitar e BAILAR...

5/6/18

REVISTA ABRENTE Nº 38 2018: " X CERTAME DE POESÍA COUCEIRO FREIJOMIL"

Dende o curso 2008-2009, e vinculado ao DÍA DAS LETRAS GALEGAS, celébrase no noso colexio o CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL", convocado polo Equipo de Biblioteca. 

Ao cumprir este certame 10 anos de andadura, a Revista Abrente, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, presenta un monográfico adicado a unha convocatoria tan importante.

 María Victoria, como inspiración, e a nosa PDI: “O Mar” deste curso, como tema principal, fixeron unha fermosa fusión que permitiu que as poesías tiveran unha grande calidade. 

A través destas liñas queremos agradecer aos titores e titoras que traballaron as poesías nas súas aulas, por manter vivo o interese do noso centro, en que o alumnado madure desde a ledicia de formar parte dun colexio onde traballamos, non so a prol do seu avance académico, senón polo seu desenvolvemento como persoas.

ABRENTE DIXITAL

A nosa Revista Escolar ABRENTE nesta edición do nº 38 do 2018, comeza unha nova andadura na súa versión dixital que pretende chegar a toda a comunidade escolar a través do Blog A Casqueira, a Web do centro, do blog da Biblioteca e o resto dos blogs de aula do noso colexio.
 A versión en papel pode consultarse na Biblioteca do centro e a Biblioteca Municipal. 







4/6/18

TABOLEIRO DA LINGUA. FIN DE CURSO

E en xuño chega o final deste curso, así que aquí tedes o noso refraneiro escolar 




pero non olvides que...


" EN SANTIAGO E AGOSTO ESTROUPELEAR,
QUE É TEMPO DO LIÑO MAZAR"



1/6/18

TABOLEIRO DA LINGUA. XUÑO 2018

E chegou o último mes do curso, prepáramonos para o verán...

"A AUGA DE SAN XOÁN LEVA O VIÑO 
E TOLLE O PAN"