5/12/11

DÍA DO PEÓN

MIRADE CANTO TRABALLAMOS PARA CELEBRAR O DÍA DO PEÓN!!!

FIXEMOS MURAIS






PINTAMOS PEÓNS:





FIXEMOS ADORNOS:



REFRÁNS:


DITOS, ADIVIÑAS...


ANUNCIAMOS O DÍA DO PEÓN:




25/5/11

Traxes rexionais

Onte estiveron de visita a xente da Asociación Orballo, ensinando, por turnos, a todos os nenos do cole, os traxes rexionais galegos. Aprendemos os nomes das prendas de roupa, a diferencia entre os traxes de cotío e de festa, e incluso deixaronnos tocar e probar algunhas prendas. Moitas grazas!

13/5/11

Todo Lois Pereiro


Na web da coordinadora de Normalización Lingüística tedes toda a información posible que podedes encontrar na internet sobre o autor Lois Pereiro. Tan so tedes que premer aquí .

27/4/11

DIA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Xa estamos preparando as actividades para o Día das Letras Galegas, que este ano adicaránse ó escritor Lois Pereiro.
Mentres tanto deixámovos uns cantos links onde atoparedes, xogos, actividades e información sobre este autor:

- Seminario Galán

- Lois Pereiro en Blogaliza

- Actividades en línea

2/2/11

O día da Paz

Este luns 31 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Saímos os cativos e profes de todo o cole ó patio para facer a nosa pomba construída coas nosas mans.



Despois, os nenos e nenas de 6ºB leron o seu manifesto do Día da Paz, que foi o seguinte:

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
  • Queres unha vida en Paz? Escoita, observa e loita por ela
  • O esencial é a Paz Mundial
  • Seguindo a pomba o entendemento nacerá, e os pobos do mundo a Paz atoparán.
  • Máis vale unha Paz relativa que unha guerra gañada.
  • O decisivo para traer a Paz ao mundo é a nosa conducta diaria
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • Ou camiñamos todos xuntos cara a Paz, ou nunca a atoparemos
  • Máis vale unha Paz desventaxosa que unha guerra xusta
  • Non basta con falar da Paz, un debe crer nela e traballar para conseguila
  • Nunca comeces una pelexa, pero sempre remátaa

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • A Paz é o obxectivo, o amor o medio para chegar a ela
  • Non deixes que morra o Sol sen que morran os teus rencores
  • A primeira condición para a Paz é a vontade de lograla
  • A Paz non se atopa, constrúese
  • Nunca houbo unha boa guerra nin unha mala Paz

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • Se queres facer a Paz non fales cos teus amigos, fala cos teus inimigos
  • Para ser solidario cos demais non só basta coas palabras senón tamén cos feitos
  • Estar en Paz consigo mesmo é o medio máis seguro de comezar a estar cos demáis
  • Os homes construímos muros, e non suficientes pontes
  • O respeto a dereito alleo é a Paz

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

Axiña chegou o momento de bailar, polo que nos preparamos facendo unha rolda mesturando cursos. Foi moi divertido!!



Para rematar a celebración, fixemos unha ceiba de pombas que nos deixou abraiados!