A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, como aínda se celebra na illa de Man. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as súas familias e as súas vellas casas para quentarense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles teñen preparados os parentes.
Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.
Os celtas foron uns habitantes de Galicia e un dos seus costumes era poñer unha luz acesa dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai moitos séculos que tal costume se perdeu, máis hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha caveira na cortiza dos melóns e das cabazas e poñer no seu interior unha candea que escentile pola noite.
Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha candea no seu interior.
Segue lendo para coñecer a historia do Samaín.
HISTORIA DO SAMAÍN
Na noite do 31 de
outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao
inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos
celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto
seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto
branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan
especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e
para as súas elaboracións "máxicas".
Uns días antes do
ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de
ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se
achega o inverno e hai que empezar a almacenar alimentos para facer
fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de
animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel
para o inverno. Era a súa peculiar "matanza".
Esa noite está
relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta
crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite,
unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en
comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este
período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas
dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas
casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que
con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas,
podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos.
Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa
intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón
que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite,
para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar
coa calor do lume do fogar.
Como apunte final a
esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os
celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén
dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións
na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse
amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume
de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no
camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de
Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O
feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala
fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen
levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de
chegar ao milladoiro.
A LENDA DA CABAZA
Fai moito tempo, nun
pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo
algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar
bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el,
que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o
demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E
así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a
súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a
un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e
non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar
lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna
consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por
sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the
Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en
busca dun lugar onde descansar.
Aquí vos deixamos xogos, cancións e contos para que celebredes o Samaín. Non deixedes de ver máis abaixo, porque tedes que traer unha lanterna para a LECTURA ÁS ESCURAS
Mandalas de Samaín para colorear
Preme na cabaza
No hay comentarios:
Publicar un comentario