A comitiva fúnebre do Entroido, percorreu o patio do noso colexio entre os choros dos nenos e nenas que tanto estimaban ao finado e que lle foron cantando "Xa morreu, xa morreu, dunha inxente que comeu, non chorar, non chorar que o imos enterrar". E así rematou o carnaval 2018. Xa estamos preparándonos para o próximo.
O FESTIVAL DO ENTROIDO
O Entroido é unha festa que ten unha orixe moi antiga que nos leva ata as festas gregas celebradas en honor do deus Dionisos, ou as Lupercales romanas. Hai historiadores que as levan máis lonxe aínda no tempo, ata a antiga Sumeria ou Exipto, pero o certo é que o Entroido recolle tamén aspectos de outras culturas europeas da antigüidade como a dos celtas. Suponse que constitúen a supervivencia das antigas festas agrarias de entrada na Primavera e o comezo de ano, que coincidía co fin do inverno.
En Galicia O Entroido, tamén chamado Antroido ou Introido, entre outras denominacións, é unha celebración de longa tradición popular, e aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon, outros están en proceso de recuperación.
Nos colexios traballamos para que non se perdan as nosas tradicións.
Preme na imaxe (Museo do Pobo Galego)
OS MANDADIÑOS DE "MANOLO"
E con este Mandadiño "Manolo" remata por este ano. Saudiños!!!!
O terceiro Mandadiño
Aquí vos vai o segundo Mandadiño
O esqueleto Manolo xa fixo a súa aparición
para inaugurar o entroido 2018 co primeiro
dos mandadiños.
Recordade que o LUNS...
No hay comentarios:
Publicar un comentario