2/2/18

DIA DA PAZ 2018


"Non hai camiño para a paz: a paz é o camiño".
 - Mahatma Ghandi - 

O 30 de xaneiro celébrase un día, dedicado a conmemorar nos centros educativos unha cultura de non violencia e paz.
Neste día é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
A educación en tolerancia, solidariedade, harmonía, respecto por os dereitos humanos, a non violencia e paz, son motivos para recordar o 30 de xaneiro, día en que as escolas comprometémonos como defensoras da paz e a comprensión entre persoas de diferentes orixes e formas de pensar.

Aquí vos deixamos as fotos e o vídeo do baile da Paz que fixemos no patio do colexio, nun día tan importante para toda a humanidade, e que traballamos cunhas fitas de cores e mensaxes escritos por todo o alumnado, coas que fixemos dúas bandeiras de pregarias tibetanas. 
Para rematar a actividade, e como cada ano,  ceibamos as pombas mensaxeiras que sempre achega ao colexio a profesora Sabela.
Houbo moitas apertas e bicos de Paz, que desexamos se manteñan sempre.



No hay comentarios:

Publicar un comentario