Este curso, pola conmemoración do seu aniversario e, aproveitando o PDI "Couceiristas polo mundo", quixemos amosar á nosa escritora galega de cabeceira e... tamén ao igual que nós "polo mundo".
Así, creamos un fermoso xardín no que Rosalía é a protagonista. Con fotografías que amosan a importancia de Rosalía de Castro: ilustrando o antigo billete de cincocentas pesetas, dando nome a parques, teatros, avións (ata de compañías estranxeiras), aeroportos... adornamos o seu xardín con flores cheas dos seus versos e das palabras fermosas de moitos dos seus poemas.
OLLADE NESTE VÍDEO QUE BONITO NOS QUEDOU!!.
Ilustración do poster: Do libro Biografía de Rosalía de Luisa Carnés coa ilustración de Aitana Carrasco.
Parabéns! Gústame todo e o vídeo quedou xenial e con esa cantiga nova para mín. A seguir currando!!!
ResponderEliminar