Este ano cantamos e bailamos a canción, "O Mundo é Grande" de Mamá Cabra, pero tamén traballamos coa mestura de cores para procurar o branco que simboliza a PAZ. Para iso fixemos un xoguete tradicional, "o zumbador", que podedes ver na foto.
Os de 2º e 1º, decoraron o corredor principal cunha pota moi simpática para cociñar a Paz con ingredientes como a amizade, o perdón, as apertas e todo o que nos axude a convivir sen violencia.
PREMIO NOBEL DA PAZ 2019
Denis Mukwege é un médico xinecólogo e activista congoleño que foi galardoado co Premio Nobel da Paz xunto con Nadia Murad «polos seus esforzos para erradicar a violencia sexual como arma en guerras e conflitos armados».
Fundou e traballou no Hospital Panzi en Bukavu, onde se especializou no tratamento das mulleres que foron violadas polas forzas rebeldes durante a Guerra de Kivu e posteriores conflitos desenvolvidos na República Democrática do Congo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario