Dende o curso 2008-2009, e vinculado ao DÍA DAS LETRAS GALEGAS, celébrase no noso colexio o CERTAME DE POESÍA "COUCEIRO FREIJOMIL", convocado polo Equipo de Biblioteca.
Ao cumprir este certame 10 anos de andadura, a Revista Abrente, elaborada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega, presenta un monográfico adicado a unha convocatoria tan importante.
María Victoria, como inspiración, e a nosa PDI: “O Mar” deste curso, como tema principal, fixeron unha fermosa fusión que permitiu que as poesías tiveran unha grande calidade.
A través destas liñas queremos agradecer aos titores e titoras que traballaron as poesías nas súas aulas, por manter vivo o interese do noso centro, en que o alumnado madure desde a ledicia de formar parte dun colexio onde traballamos, non so a prol do seu avance académico, senón polo seu desenvolvemento como persoas.
ABRENTE DIXITAL
A nosa Revista Escolar ABRENTE nesta edición do nº 38 do 2018, comeza unha nova andadura na súa versión dixital que pretende chegar a toda a comunidade escolar a través do Blog A Casqueira, a Web do centro, do blog da Biblioteca e o resto dos blogs de aula do noso colexio.
A versión en papel pode consultarse na Biblioteca do centro e a Biblioteca Municipal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario