Como cada curso continuamos co proxecto de colaboración entre o inglés e a nosa lingua en Educación Primaria, mediante a actividade de crear un álbum bilingüe entre ámbalas dúas.
O tema foi o Mar, seguindo o PDI que estamos desenvolvendo este curso, e todo o alumnado traballou arreo para conseguir os cromos e buscar os nomes de cada animal mariño, en inglés e en galego.
PREME A IMAXE
O Premio que recolleron os equipos máis adiantados e que conseguiron rematar antes o álbum, consistiu nun libro en inglés para a biblioteca de aula de cada nivel. Fantástico premio que podemos gozar todos e todas.
Parabéns ao equipo de English!!!
PARABÉNS CAMPIÓNS E CAMPIOAS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario