(Preme a imaxe)
O vindeiro venres día 10, celebraremos no noso cole a festa do MAGOSTO, así que ao longo desta semana faremos os nosos cestiños onde gardar as castañas asadas para poder compartilas con tod@s @s compañeir@s. Será un bo momento para lembrar tantos refráns tradicionais como temos na nosa terra:
- As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
- Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
- Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
- Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
- Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
- Polo san Martiño, castañas e viño.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
- Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
- Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Desde o Paleolítico aproveitouse e alimentámonos de castañas e landras.
O castiñeiro foi a árbore do pan das nosas tribos antes da chegada dos romanos. As castañas asadas, ou a fariña das castañas secas ou "pilongas", servían para alimentarse durante todo o ano.
No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, e estableceuse a competencia coas castañas que perderon, pouco a pouco, protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacada a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
No século XVI, viñeron as patacas e o millo de América, e estableceuse a competencia coas castañas que perderon, pouco a pouco, protagonismo na dieta campesiña, e moito mais ao ser atacada a nobre árbore por enfermidades como o "chancro" e a "tinta".
O número de castiñeiros diminuíu en Galicia a pesares das repoboacións, diminuíndo tamén a producción de castañas cada ano.
Souto (Preme a imaxe) |
Xogos do Magosto (Preme a imaxe)
O Magosto LIM (Preme a imaxe) |
No hay comentarios:
Publicar un comentario