27/11/09

BENVIDOS Ó NOSO BLOG

O Equipo de Normalización Lingüística do CEIP Couceiro Freijomil inicia unha nova andaina cara á promoción da nosa lingua.

Queremos que este blog sexa unha ventá aberta á participación de toda a comunidade educativa: pais, nais, alumnado, profesorado, ANPA...

Pretendemos que teña os seguintes apartados:

- Información das actividades que realizamos.

- Informar sobre actividades doutras entidades que promovan o uso na nosa lingua.

- Crear enlaces que axuden a un uso correcto da lingua.

- Informar sobre materiais que sexan do noso interese.

- Colgar as aportacións de toda aquela persoa que nos achegue traballos en prol da nosa lingua.

- Crear un foro en torno o galego, nos que participe toda a comunidade educativa ou persoas alleas a ela.

Se tes algo que aportar, entrégao no colexio, ou ponte en contacto connosco a través deste blog ou do seu correo electrónico (que atoparás na columna da dereita).

Agardamos a vosa colaboración.

1 comentario:

  1. Xa que eleximos o nome "A casqueira" penso que podería ser unha idea que cos maiores se fixera unha pequena investicación etimolóxica comezando por ese nome. Igual moitos non saben porque se chama o pavillón así, ou Pelamios ,.ou...
    Dentro do horario de galego ou de "Atención Educativa", ou como actividade da biblioteca ou de titoría.

    ResponderEliminar