2/2/11

O día da Paz

Este luns 31 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. Saímos os cativos e profes de todo o cole ó patio para facer a nosa pomba construída coas nosas mans.



Despois, os nenos e nenas de 6ºB leron o seu manifesto do Día da Paz, que foi o seguinte:

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO
  • Queres unha vida en Paz? Escoita, observa e loita por ela
  • O esencial é a Paz Mundial
  • Seguindo a pomba o entendemento nacerá, e os pobos do mundo a Paz atoparán.
  • Máis vale unha Paz relativa que unha guerra gañada.
  • O decisivo para traer a Paz ao mundo é a nosa conducta diaria
NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • Ou camiñamos todos xuntos cara a Paz, ou nunca a atoparemos
  • Máis vale unha Paz desventaxosa que unha guerra xusta
  • Non basta con falar da Paz, un debe crer nela e traballar para conseguila
  • Nunca comeces una pelexa, pero sempre remátaa

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • A Paz é o obxectivo, o amor o medio para chegar a ela
  • Non deixes que morra o Sol sen que morran os teus rencores
  • A primeira condición para a Paz é a vontade de lograla
  • A Paz non se atopa, constrúese
  • Nunca houbo unha boa guerra nin unha mala Paz

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

  • Se queres facer a Paz non fales cos teus amigos, fala cos teus inimigos
  • Para ser solidario cos demais non só basta coas palabras senón tamén cos feitos
  • Estar en Paz consigo mesmo é o medio máis seguro de comezar a estar cos demáis
  • Os homes construímos muros, e non suficientes pontes
  • O respeto a dereito alleo é a Paz

NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ, A PAZ É O CAMIÑO

Axiña chegou o momento de bailar, polo que nos preparamos facendo unha rolda mesturando cursos. Foi moi divertido!!



Para rematar a celebración, fixemos unha ceiba de pombas que nos deixou abraiados!