25/5/24

DOSIER "AS NOSAS TRADICIÓNS"

     Co fin de que cada titoría do centro teña a man un breve resumo que achegue a alumnado e a profesorado as tradicións que conmemoramos ao longo do curso: samaín, magosto, peón, nadal, entroido, Rosalía, maios e letras galegas, elaborouse un dossier que contén cada unha delas e facilita a súa consulta e exposición na aula.



19/5/24

CELEBRANDO AS NOSAS LETRAS: LUISA VILLALTA.

 

O nome da homenaxeada este ano foi un enigma ata que todo o alumnado, coas súas pescudas, conseguíu  rematar a xincana preparada para a ocasión. Cada aula recibíu unha invitación que nos daba as instruccións para pasar por diversas estacións nas que o alumnado ía aprendendo aspectos da vida e obra de Luisa Villalta. Gozaron moito e, como non, aprenderon moitísimo desta escritora galega.
Igualmente, nas aulas, o profesorado motivou a nenos e nenas para que pensasen na sua palabra favorita na nosa lingua. Deste xeito poidemos encher o mural preparado para a ocasión que colocamos no corredor principal. 

Aquí vos deixamos unha mostra gráfica desta semana das nosas letras.

4/5/24

SERESÍN SERESÁN...

 
Como cada ano ao comezar o mes das flores retomamos a tradición eumesa de confeccionar O MAIO. Todo o alumnado, profesorado e familias nos implicamos a fondo na súa realización á vez que ensaiamos as cantigas tradicionais coas que acompañamos, o día 1 de maio, ás nosas estruturas florais polo desfile da vila e que organiza o concello de Pontedeume.

O noso esforzo e interese por coidar as nosas tradicións foi recompensado cuns fermosos diplomas e un pouquiño cartiño. 

Pero o máis importante é que con esta actividade tamén coñecimos, lembramos e recoñecimos o flora autóctona da nosa contorna.

Graciñas a todos pola vosa participación e colaboración!.


27/4/24

SEMANA DO LIBRO

 Do 22 ao 26 de abril celebramos a Semana do Libro con varias propostas conxuntas co Equipo de Biblioteca. A primeira delas invitábanos a realizar  A CARA DUN LIBRO, en inglés BOOKFACE. Tratouse de realizar unha fotografía na que unha persoa fai coincidir, mediante a ampliación ou redución da foto, a súa cara ou o seu corpo coa portada do libro. Mestres, mestras e familias puxémonos más á obra de o resultado foi o que vedes.



A segunda foi a participación nos APADRIÑAMENTOS LECTORES,  que xa vai pola sua II edición e coma no curso pasado consiste en que, nun anaquiño de tempo da nosa xornada escolar, os maiores do cole escollen a un pequeno ou pequena para lerlle un contiño. Mirade que contentos estabamos todos.
E ata algunha é quen de ler soiña...