Do 22 ao 26 de abril celebramos a Semana do Libro con varias propostas conxuntas co Equipo de Biblioteca. A primeira delas invitábanos a realizar A CARA DUN LIBRO, en inglés BOOKFACE. Tratouse de realizar unha fotografía na que unha persoa fai coincidir, mediante a ampliación ou redución da foto, a súa cara ou o seu corpo coa portada do libro. Mestres, mestras e familias puxémonos más á obra de o resultado foi o que vedes.
27/4/24
SEMANA DO LIBRO
31/3/24
SEMENTEIRA DE VERSOS
O alumnado de 6º, xunto coa suas mestras, foron os encargados de representar ao noso cole na Sementeira de Versos que este ano convocou o Concello de Pontedeume aproveitando a Semana da Poesía.
Noraboa! polo voso traballo co recitado de versos, a cantiga e esas fermosas flores que encheron de cor e ledicia os xardíns do paseo marítimo da nosa vila.
23/3/24
DÍA DA POESÍA
O día 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía. Aproveitando a celebración do aniversario de Rosalía de Castro o pasado 23 de febreiro e seguindo a proposta de Güino, todo o alumnado do centro reunímonos no patio de primaria para recitar os versos traballados nas aulas.
Amosamos aquí os versos recitados e que penduramos no noso taboleiro especial Rosalía, a nosa poetisa. Sentimos non poder amosar o audio recitado dos mesmos pero o espacio escollido para a actividade, ao aire libre, e os medios tecnolóxicos non permitiron unha boa calidade de son para gozalo.
25/2/24
DÍA DE ROSALÍA
17/2/24
ENTROIDO OLÍMPICO!!
Este curso e con motivo do PDI AS OLIMPÍADAS o entroido do Couceiro non podía ter outro tema que os xogos olímpicos e, aquí nos tedes a todo o alumnado e profesorado implicado nos preparativos para facervos gozar dun intre ben divertido.
Desde fachos olímpicos, hasta gregos e gregas danzando, aros que invitan a asistir a París e a lembranza de tantos e tantos logos que se deseñaron desde hai moitos anos para celebrar esta festa do deporte. Non faltou nada nesta xornada festiva.
Tampouco desde aquí queremos deixar de agradecer a colaboración das familias, nos talleres, no aporte de materiais e en todo o que fixo posible que un ano máis abrísemos o entroido na nosa vila, aínda que a choiva non nos permitise realizar o tradicional pasarrúas.
Gozade destes vídeos!!
E como remate o.... XA MORREU!
ATA O VINDEIRO CURSO ENTROIDO!!