21/3/23

DÍA DE POESÍA E SEMENTEIRA DE VERSOS

 O día 21 de marzo celébrase mundialmente o Día da Poesía e como de costume no noso centro celebramos este día por todo o alto cun recitado de poesías no patio. Algunha desas poesías relaciononaronse con enfoques do PDI Couceiristas polo mundo como a do alumnado de quinto de educación infantil que traballaron versos de Rosalía de Castro adicados á comida.

    Sen embargo tamén quixemos ser partícipes da tradicional "sementeira de versos" que promove o Concello. Así o alumnado de 4º de primaria, xunto coas suas mestras, foi o representante do noso centro no acto celebrado no paseo marítimo xunto cos outros coles do concello.

    Prepararon unhas fermosas flores nas que escribiron poesías pertencentes ás obras "No país das bolboetas" e "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro recitandoas no acto.


11/3/23

23 DE FEBREIRO. DIA DE ROSALÍA!!

Este curso, pola conmemoración do seu aniversario e, aproveitando o PDI "Couceiristas polo mundo", quixemos amosar á nosa escritora galega de cabeceira e... tamén ao igual que nós "polo mundo". 
Así, creamos un fermoso xardín no que Rosalía é a protagonista. Con fotografías que amosan a importancia de Rosalía de Castro: ilustrando o antigo billete de cincocentas pesetas, dando nome a parques, teatros, avións (ata de compañías estranxeiras), aeroportos... adornamos o seu xardín con flores cheas dos seus versos e das palabras fermosas de moitos dos seus poemas.
OLLADE NESTE VÍDEO QUE BONITO NOS QUEDOU!!.
Ilustración do poster: Do libro Biografía de Rosalía de Luisa Carnés coa ilustración de Aitana Carrasco.


20/2/23

ABANDEIRADOS DO ENTROIDO EN PONTEDEUME.

 O alumnado do Couceiro voltou ser de novo o abandeirado desta festa na vila e, coa ilusión de sempre, acompañado polo profesorado e as familias, "tomamos as rúas". Nunha mañá fría pero radiante de sol levamos, xunto cos gaiteiros e os zancudos, ritmo, ledicia e cor ao noso pobo para gozar finalmente coas actuacións no pavillón.

Para visualizar as actuacións premede en ENTROIDO

14/1/23

ALMANAQUES DE PETO

 

Como cada ano polo Nadal o noso alumnado, desde 6º de educación infantil ata 6º de  primaria, implícase a fondo no deseño dos almanaques de peto cos que agasallaremos a toda a comunidade educativa. A ilustración e o texto que a acompaña parte da temática traballada durante o ano no PDI de centro. Este curso "Couceiristas polo mundo".

Como ven sendo habitual houbo verdadeiras obras de arte en todos os cursos e foi realmente  complicada a elección do almanaque representativo de cada curso.

GRACIÑAS POLO VOSO ESFORZO E DEDICACIÓN!!


26/12/22

BO NADAL!!

 Este Nadal, un ano máis, alumnado, familias e profesorado vibramos coas variadas actuacións do nosos nenos e nenas. Logo de moitos ensaios, chegado o día, fixémolo xenial!.

    Aproveitando a temática do centro tamén quixemos facer un percorrido polos costumes, cantigas, tradicións e gastronomía do mundo nestas datas tan especiais. A todo elo nos achegaron, de xeito excepcional, os presentadores do festival.


Gozade dos vídeos premendo na palabra NADAL